Saltar ao contido

Arroz amargo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arroz amargo
 Título
    Riso amaro (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Cor
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Deseñador/a produción
 Compañía produtora
Lux Film (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
30 de setembro de 1949 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Nomeamentos
Óscar ó mellor argumento (12 de febreiro de 1951) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
   108 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF316754574 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-62E0-0000-M-0000-0000-8 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07fqpj Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
100% Rotten Tomatoes (2 de decembro de 2025)
7.5/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
IMDB: tt0040737 Filmaffinity: 135929 Allocine: 4742 Rottentomatoes: m/riso-amaro-bitter-rice Allmovie: v5775 TCM: 68824 Netlix: 70129589 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Arroz amargo (en italiano: Riso amaro) é un filme italiano de 1949 escrito e dirixido por Giuseppe De Santis. Producido por Dino De Laurentiis, está protagonizado por Silvana Mangano, Raf Vallone, Doris Dowling e Vittorio Gassman. Arroz amargo foi un éxito comercial en Europa e os Estados Unidos e está considerada unha obra do neorrealismo italiano. Malia que non gañou ningún galardón, foi nomeado Oscar ó mellor argumento na 23ª edición dos premios, e entrou na competición do Festival Internacional de Cinema de Cannes.

Estreouse en galego o 19 de xuño de 1989 a través da TVG.[1]

O filme comeza coa tempada de plantación de arroz no norte de Italia. Nun intento de escapar da lei, dous rateiros, Francesca (Doris Dowling) e Walter (Vittorio Gassman), agóchanse entre a multitude de mulleres traballadores que se dirixen aos campos de arroz no val do Po. Mentres intentan montar no tren, a parella achégase a Silvana (Silvana Mangano), traballadora campesiña- Francesca monta no tren con Silvana, que lle amosa a súa forma de vida. Francesca non ten permiso de traballo, e loita coas "ilegais" para atopar un lugar nos campos. Tras unha resistencia inicial das traballadoras legais e dos xefes, permíteselles traballar. No campo, Silvana e Francesca coñecen un soldado a piques de licenciarse, Marco (Raf Vallone), que intenta sen éxito atraer o interese de Silvana.

Contra o final da tempada, Walter chega aos campos, intentando roubar unha gran cantidade de arroz. Excitada polo seu estilo de vida criminal, Silvana séntese atraída por Walter. A ela divírtelle axudar a levar a cabo o atraco, mais Francesca e Marco se encargan de parar a Walter e os seus cómplices. Francesca e Silvana enfróntanse unha á outra, armadas con pistolas; Francesca explícalle a Silvana que fora manipulada por Walter. Como resposta, Silvana dirixe a súa arma a Walter e mátao. Pouco despois, a culpa lévaa a cometer suicidio. Mentres as outras traballadoras marchan, homenaxéana botando arroz sobre o seu cadáver.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Programación da TVG". ABC. 19 de xuño de 1989. Consultado o 15 de marzo de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gundle, Stephen, 2007. Bellissima: Feminine Beauty and the Idea of Italy. Yale University Press. ISBN 9780300123876.
  • Marcus, Millicent, 1986. Italian Film in the Light of Neorealism. Princeton University Press. ISBN 9780691102085.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]