Sifnos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sifnos
Σίφνος
Sifnos09view.jpg
Vilas de Artemonas e Apolonia
Localización da illa
Localización da illa
Situación
País Grecia Grecia
periferias de Grecia Exeo Meridional
Arquipélago Cícladas
Mar Mar Exeo
Coordenadas 36°59′N 24°40′L / 36.983, -24.667Coordenadas: 36°59′N 24°40′L / 36.983, -24.667
Xeografía
Superficie 73´942 km²
Longura máxima 15 km.
Largura máxima 7´5 km.
Punto máis alto 177 m. Monte Profitis Ilias
Demografía
Capital Apolonia
Poboación 2625 hab. (2011)
Densidade 36 hab./km²
Lingua propia Grego

Sifnos (grego, Σίφνος) é unha illa do arquipélago das Cícladas en Grecia. A cidade é tamén coñecida como Apolonia (pob. 869) é o fogar do museo de folclore da illa e a biblioteca. O nome do pobo crese que provén dun antigo templo de Apolo no sitio da igrexa de Panayia Yeraniofora. A segunda cidade máis grande é Artemonas (800 hab.), que se cre é o nome dun antigo templo da deusa irmá de Apolo Ártemis, que se atopa no sitio da igrexa de Panayia Kokhi. O pobo de Kastro (118 hab.), foi a capital da illa durante os tempos antigos ata 1836. Está construída no alto dun cantil na costa leste de a illa e hoxe conta con numerosos restos medievais e é a localización do museo arqueolóxico da illa. O asentamento do porto, na costa oeste da illa é coñecida como Kamares (245 hab.).[1]

Sifnos era moi rica na Antigüidade, grazas ás súas minas de ouro e prata. Proba diso, é o tesouro que os sifnios construíron en Delfos no Século VI a.C.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Baía de Kamares
Entrada dunha mina

Sifnos sitúase na parte occidental menos turística das Cícladas entre Serifos e Milos e está localizada ao oeste de Delos e Paros. Está a 130 km (80 millas náuticas) do Pireo. Ten unha superficie de 74 km², mide 15 km de largo por 7,5 km de longo, cun perímetro de de costa de 70 km. e unha poboación permanente de 2.625 habitantes. Á illa chégase nos ferris da liña Pireo- Citnos- Serifos- Sifnos- Milo- Kimolos. Tamén hai saídas frecuentes a outras illas das Cícladas.

Historia[editar | editar a fonte]

Artemonas
Igrexa do mosteiro de Chryssopigí

Plinio o Vello di que o seu nome orixinal era Merope. Cando foi colonizada polos xonios de Atenas recibiu o nome de Sifnos, o fillo de Sunios.

Sifnos foi habitado polos seres humanos desde polo menos o 4000 aC.[2] A evidencia arqueolóxica indica que a illa estaba dentro da corrente principal do Neolítico e a Idade do Bronce temperana da civilización das Cícladas. A illa era moi rica nos tempos antigos, grazas ao seu ouro, prata e plomo, que se extraía xa no 3º milenio antes de Cristo.[3] Unha décima parte da súa riqueza depositábana en Delfos. Os seus edificios públicos eran decorados con mármore de Paros. Proba diso é o tesouro que os Sifnos construíron en Delfos no século VI aC como ofrenda. De acordo con Pausanias. Estas minas foron destruídas polas inundacións na antigüidade, un desastre que algúns atribúen á xente da illa que suspenderon os seus tributos por cobiza.[4][5] Os estudosos modernos suxiren que algunhas das minas inundáronse debido a que finalmente excavouse a unha profundidade baixo o nivel do mar,[6] mentres que a maioría deles, situadas lonxe do mar, foron probablemente esgotadas.[7] Restos das antigas minas, algúns datan de tempos prehistóricos, aínda poden verse na illa, as máis notables en Ay. Sostis, e restos de antigas fortificacións, que datan do terceiro milenio antes de Cristo ata o século sexto, atopáronse en Ay. Andreas, Ay. Nikitas, e Kastro.[8] Outra indicación da riqueza de Sifnos é o feito de que foi un dos primeiros lugares en Grecia en acuñar moedas, comezando ao redor do 600 aC, aínda que o número acuñado non parece ser grande, a illa de Exina, que utilizou a prata Sifnos, desenvolveu unha maior capacidade de exportación nesta forma do metal.[9]

Durante as grandes migracións gregas que se produciron a partir do século XII adC, Sifnos foi poboada na súa maioría por gregos xónicos de Atenas. A illa só aparece de cando en cando na historia antiga posterior de Grecia. No século VI adC foi invadida por piratas de Samos atraídos pola súa riqueza, e que obtiveron un rescate de 100 talentos. No século V aC, Sifnos era un membro oficial da alianza defensiva grega formada para loitar nas Guerras Médicas. No seguinte século a illa foi tomada brevemente polos persas, pero foi liberada por unha frota enviada por Alexandre o Grande.[10] O verbo "actuar como Sifno"[11] aparece nun fragmento de Aristófanes, e explícase nas Suídas xunto "ao Lesbianismo", como unha referencia á transgresión ou actuar malvadamente.[12][13]

En tempos de Estrabón eran tan pobres que ser como un pobre de Sifnos era unha expresión proverbial.

Pouco se sabe de Sifnos durante as épocas romanas e bizantinas, aínda que tres sarcófagos romanos atópanse nas rúas de Kastro e unha colección de 80 moedas bizantinas no Museo, que dan testemuño da poboación continua nesas épocas. A principios do século XIV Sifnos caeu baixo o poder do cabaleiro da Orde de Malta Xanuli I da Coruña, o cal declarou a illa independente da dinastía Sanudo que entón gobernaba a maior parte da zona das Cícladas. Os Coruñas gobernaron Sifnos durante máis de cen anos, para a 1440, como resultado dun matrimonio dinástico a illa pasou a unha familia boloñesa, os Gozzadini, que gobernaron ata 1617. Malia que estas dúas dinastías estaban grandemente helenizadas, conservaron a súa relixión católico romana.[14]

Tamén se sabe pouco de Sifnos durante o dominio otomán das Cícladas desde 1537 para adiante. Parece probable que, como na maioría das Cícladas, o dominio otomán en Sifnos fora bastante floxo, consistindo principalmente na recadación de impostos, cos insulares en gran medida administraban os seus propios asuntos. A principios do século XVII Sifnos era un centro comercial importante, e desde 1821 a illa xogou un papel importante na Guerra de Independencia grega.[15]

As figuras notables de Sifnos nos tempos modernos inclúen ao educador e líder revolucionario Nikolaos Chrysogelos (1780-1858), que serviu como Ministro de Educación de Grecia, e o chef Nikolaos Tselementes (1878-1958), que escribiu un libro de cociña clásica aínda se usa hoxe en Grecia.[16]

Debido á fisioloxía da illa (ricas vetas de arxila, tempo asollado e suaves temperaturas) Sifnos foi tradicionalmente ao capital da cerámica do Exeo. As antigas olerías atopábanse nas rexións centrais como Artemón e Ano Petali para evitar os ataques piratas.

Comunidades[editar | editar a fonte]

Tesouro dos sifnios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barber, Robin, Blue Guide Greece. 6th ed., London, A & C Black, 1995, p. 665
  2. Maranti, Anna Siphnos: The Brilliance of Apollo. Athens, Toubis, 2002, p. 18
  3. Fitton, J. Lesley, Cycladic Art, London, British Museum, 1989, p. 13, 57.
  4. Herodotus III.57
  5. Pausanias X.11
  6. Bury, J. D. and Meiggs, Russell, A History of Greece to the Death of Alexander the Great. 4th ed., New York, St. Martin's Press, 1978, p. 135
  7. Some Aspects of Lead and Silver Mining in the Aegean, VII
  8. Barber pp. 665-666.
  9. Maranti p. 20.
  10. Hammond, N. G. L., A History of Greece to 322 bc, Oxford, Oxford University Press, 1967, pp. 82, 88, 199, 226, 608.
  11. Liddell, Henry George; Robert Scott (1940). "A Greek–English Lexicon: σιφνιάζω". Oxford University Press (via Perseus Project). Consultado o 17 July 2012. 
  12. "Suda On Line: Σιφνιάζειν". The Stoa Consortium. Consultado o 17 July 2012. 
  13. Henderson, Jeffrey (1975). The Maculate Muse: Obscene Language in Attic Comedy. Yale University Press. p. 213. ISBN 978-0-300-01786-1. 
  14. Hetherington, Paul, The Greek Islands: Guide to the Byzantine and Medieval Buildings and their Art. London, Quiller, 2001, pp. 301-302
  15. Maranti pp. 27-28
  16. Maranti p. 34, 42.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]