Serifos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Serifos
Σέριφος
Χώρα Σερίφου 9393.jpg
GR Serifos.PNG
Localización da illa
Situación
PaísGrecia Grecia
Periferias de GreciaExeo Meridional
ArquipélagoCícladas
MarMar Exeo
Coordenadas37°9′N 24°30′L / 37.150, -24.500Coordenadas: 37°9′N 24°30′L / 37.150, -24.500
Xeografía
Superficie75´207 km²
Perímetro70 km.
Punto máis alto585 m. Monte Troullos
Demografía
CapitalSerifos
Poboación1420 hab. (2011)
Densidade18´9 hab./km²
Lingua propiaGrego

Serifos (grego: Σέριφος, latín: Seriphus, tamén Seriphos; antiguamente Serpho ou Serphanto) é unha illa e municipio grego no mar Exeo, que se atopa no oeste das Cícladas, ao sur de Kythnos e o noroeste de Sifnos. É parte da unidade rexional de Milos. A superficie é de 75´207 km² e a poboación era 1.420 habitantes no censo de 2011. Atópase a uns 170 km ESE do Pireo.

Na mitoloxía grega, Serifos é onde chegaron Dánae e o seu pequeno fillo Perseo logo de que o seu pai Acrisio, en resposta a un oráculo que o advertía que o seu propio neto mataríao, deixounos á deriva no mar nun cofre de madeira. Cando Perseo volveu a Serifos coa cabeza da Gorgona Medusa, converteu a Polidectes, o rei de Serifos, e aos seus criados en pedra, como castigo polo intento do rei de casarse coa súa nai pola forza.

Na antigüidade a illa era proverbial polo presunto mutismo das súas ras.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A illa foi colonizada polos xonios de Atenas e foi das poucas illas que rexeitou someterse a Xerxes I no 480 adC. Durante o período imperial romano, Serifos foi un lugar de desterro. Logo de 1204 converteuse nunha dependencia menor dos duques venecianos do Arquipélago. A finais do século XIX Serifos experimentou un auxe económico moderado pola explotación de extensos depósitos de mineral de ferro da illa. As minas pecháronse na década de 1960, e agora Serifos depende do turismo e a agricultura a pequena escala.

A cidade moderna está na costa leste, próxima á antiga e chegou a ter máis de 2.000 habitantes. Da cidade antiga quedan algúns restos.

Os mineiros, folga de 1916 En 1916 os mineiros fixeron folga e o estado grego a petición do propietario (a familia alemá Groman) envióu á garda nacional. Os soldados dispararon aos mineiros e mataron a catro, pero o resto e as súas mulleres atacaronos e mataron a todos e proclamaron a República soviética. Unhas semanas despois forzas militares gregas recuperaron o control, pero os mineiros obtiveron mellores condicións laborais e a xornada de 8 horas.

Comunidades[editar | editar a fonte]

  • Galani
  • Kallitsos
  • Koutalas
  • Livadi Serifou
  • Mega Chorio
  • Mega Livadi
  • Panagia
  • Serifos


Panorama de Serifos, Leivadhion e Chora

Panorama de Serifos, Leivadhion e Chora


Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Aelian, De natura animalium 3.37

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]