Shepard Fairey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shepard Fairey

Frank Shepard Fairey, nado o 15 de febreiro de 1970, é un artista gráfico, activista, ilustrador e fundador de OBEY Clothing[1]. Fíxose coñecido grazas á campaña de difusión de pegatinas Andre the Giant has a Posse, cando asistía á Escola de Deseño de Rhode Island, e polos seus deseños que toman certos elementos propios do cartelismo de propaganda política de mediados do século XX.

Foi a súa contribución á campaña electoral de Barack Obama o que lle deu o salto á fama co cartel titulado Hope que deseñou. O Instituto de Arte Contemporánea de Boston descríbeo como un dos artistas de rúa máis coñecidos e influentes.[2] O seu traballo está incluído nas coleccións do Smithsonian, no Museo de Arte do Condado dos Ánxeles (LACMA), no Museo de Arte Moderna de Nova York (MOMA), no Museo de Arte Contemporánea de San Diego (MCASD), na Galería Nacional de Retratos de Washington, no Museo de Belas Artes de Virxinia, en Richmond, e no Victoria and Albert Museum en Londres.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nenez[editar | editar a fonte]

Shepard Fairy naceu en Charleston, Carolina do Sur. É fillo dun doutor, Strait Fairy, e dunha axente inmobiliaria, Charlotte. Foi ao instituto Wando High School e no ano 1984 comezou a interesarse pola arte, cando empezou a plasmar os seus debuxos en camisetas ou monopatíns. No ano 1988 gradouse na academia de artes Idyllwild, en California, e máis tarde, no ano 1992, obtivo o título de Belas Artes en Ilustración da Escola de Deseño de Rhode Island.

Carreira artística[editar | editar a fonte]

Tras graduarse, Fairy fundou un pequeno negocio chamado Alternate Graphics, especializado na impresión de camisetas e pegatinas, o que lle permitiu soster e continuar a súa traxectoria artística. Un exemplo é a campaña de pegatinas André the Giant has a Posse en 1989, que máis tarde evolucionou na campaña Obey giant. Esta últim converteuse nunha rede internacional de artistas que demandan a orixinalidade e a repercusión inicial da obra de Fairy.

Arte de rúa de Shepard Fairey en Melbourne, Australia

A primeira exposición do artista foi no Instituto de Arte Contemporánea (ICA) de Boston, coa sua colección Supply and Demand ("Oferta e demanda"), no verán de 2009. A composición foi un compendio das técnicas máis variadas: collages, pegatinas, gravado, ademais de traballos en madeira e metal. Como complemento a esta exposición dentro do ICA, dispuxo unha serie de traballos por toda a cidade de Boston, explicando a súa motivación para facer tal cousa:

A verdadeira mensaxe tras a maior parte do meu traballo é a de cuestionalo todo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Web da compañía OBEY Clothing.
  2. Upcoming Exhibitions: Shepard Fairey. The Institute of Contemporary Art, Boston. Setembro de 2015.