Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band
| Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| The Beatles | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band foi o oitavo álbum dos Beatles. Frecuentemente considerado o álbum de rock máis importante do todos os tempos por críticos e publicacións, como a revista Rolling Stone. Gravouse nun período de 129 días a contar desde o 6 de decembro de 1966 e saíu ó mercado o 1 de xuño de 1967 no Reino Unido e o día seguinte nos Estados Unidos, obtendo un inmediato éxito popular.
Durante as sesións de gravación de Sgt. Pepper's, o grupo mellorou a calidade da produción musical mentres exploraba técnicas experimentais de gravación. O enfoque innovador do produtor George Martin incluía o uso dunha orquestra. As cancións do álbum van dende o music hall, o rock and roll e o pop ata a música tradicional hindú. Amplamente aclamada e imitada, a portada do disco, deseñada polos artistas pop ingleses Peter Blake e Jann Haworth, inspirouse nun bosquexo de Paul McCartney onde a banda posaba diante dun collage con algúns dos seus famosos favoritos.
Relevancia Social
[editar | editar a fonte]O álbum foi publicado o primeiro de xuño do ano 1967, xusto antes do comezo do verán. O espírito das drogas alucinóxenas e da fraternidade converxeron para dar lugar ao que se coñeceu coma o Verán do amor. O movemento hippy, no seu apoxeo naquel momento, viuse enormemente influenciado por este álbum e o sinxelo All You Need Is Love, tamén dos Beatles. Ademais, a portada do, coloquialmente coñecido coma Sgt. Pepper's, foi imitada en numerosas ocasións[1]. Tamén as súas cancións foron versionadas, salientando a versión de Lucy in the Sky with Diamonds do artista Elton John, que acadou o número 1[2] en varias listas ao redor do mundo.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Lennon/McCartney, agás onde se indique o contrario..
| Cara 1 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Voz/Voces principais | Duración | ||||||
| 1. | "Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band" | McCartney | 2:02 | ||||||
| 2. | "With A Little Help From My Friends" | Ringo Starr | 2:24 | ||||||
| 3. | "Lucy in the Sky with Diamonds" | Lennon | 3:28 | ||||||
| 4. | "Getting Better" | McCartney/Lennon | 2:47 | ||||||
| 5. | "Fixing a Hole" | McCartney | 2:36 | ||||||
| 6. | "She's Leaving Home" | McCartney | 3:35 | ||||||
| 7. | "Being for the Benefit of Mr. Kite" | Lennon | 2:37 | ||||||
| Cara 2 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| N.º | Título | Voz/Voces principais | Duración | ||||||
| 1. | "Within You Without You" (George Harrison) | Harrison | 5:05 | ||||||
| 2. | "When I'm Sitxy-Four" | McCartney | 2:37 | ||||||
| 3. | "Lovely Rita" | McCartney | 2:42 | ||||||
| 4. | "Good Morning Good Morning" | Lennon | 2:41 | ||||||
| 5. | "Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band (Reprise)" | McCartney | 1:18 | ||||||
| 6. | "A Day in the Life" | Lennon/McCartney | 5:33 | ||||||