Seymour Martin Lipset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Seymour Martin Lipset
Nacemento18 de marzo de 1922
Lugar de nacementoHarlem
Falecemento31 de decembro de 2006
Lugar de falecementoCondado de Arlington
CausaIctus
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaPobo xudeu e americanos brancos
Alma máterUniversidade de Columbia e City College of New York
Ocupaciónsociólogo, politicólogo, profesor universitario, escritor e historiador
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Democracy Service Medal, W.E.B. Du Bois Career of Distinguished Scholarship award e honorary doctorate of the Vrije Universiteit Brussel
Na rede
Dialnet: 184572
editar datos en Wikidata ]

Seymour Martin Lipset, nado en Nova York o 18 de marzo de 1922 e finado en Arlington o 31 de decembro de 2006, foi un sociólogo e politicólogo estadounidense especializado na socioloxía política e que tamén estudou a organización das organizacións sindicais, a estratificación social, a opinión pública e a socioloxía da vida intelectual, tamén escribiu amplamente sobre as condicións para a democracia desde unha perspectiva comparada

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de inmigrantes xudeus rusos, graduouse no City College of New York, onde militou en organizacións da esquerda antiestalinista e chegou a ser o presidente nacional da Liga da Mocidade Socialista, mocidades do Partido Socialista, forza que deixou en 1960 [1], describíndose desde entón como centrista, fortemente influenciado por figuras como Alexis de Tocqueville, George Washington, Aristóteles e Max Weber. En 1949 doutorouse en socioloxía na Universidade de Columbia in 1949 e xa antes dera clases na Universidade de Toronto, e posteriormente nas universidades de Columbia e Berkeley. Foi profesor de ciencias políticas e socioloxía na Universidade Stanford (1975–1990) e profesor de goberno e socioloxía na Universidade Harvard.

Lipset foi membro da Academia Nacional de Ciencias e foi a única persoa en ser presidente tanto da American Sociological Association (1992–93) como da American Political Science Association (1979–80), e mais foi tamén presidente da International Society of Political Psychology, a Sociological Research Association, a World Association for Public Opinion Research e a Society for Comparative Research e da Sociedade Paul F. Lazarsfeld en Viena.

Lipset foi un activista en diferentes causas, foi director do United States Institute of Peace, membro do consello de goberno do Albert Shanker Institute, copresidente do Comité para unha UNESCO Efectiva e conselleiro do National Endowment for the Humanities, the National Humanities Institute, o National Endowment for Democracy e o American Jewish Committee. Foi presidente de American Professors for Peace in the Middle East, xefe do B'nai B'rith estadounidense. Traballou durante anos en procurar unha solución para o conflito palestino-israelí.

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Seymour Martin Lipset Steady Work : An Academic Memoir Annual Review of Sociology, Vol. 22, 1996, p. 1-27

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]