Segundo Durán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Segundo Durán Casais")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Segundo Durán
 Rianxo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Segundo Manuel Durán Casais, nado en Rianxo o 29 de maio de 1934 e falecido en Abalo (Catoira) o 16 de outubro de 1993, foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De novo mudouse á Pobra do Caramiñal, onde comezou a traballar como bedel nunha sociedade recreativa. Posteriormente montou unha empresa de transporte de mercadoría e finalmente unha gasolineira.

En 1972 accede á alcaldía da Pobra designado polo gobernador civil de Pontevedra e tamén a un escano de deputado na Deputación de Pontevedra. Permanece na alcaldía ata 1977, e coa chegada da democracia integrouse na UCD e regresou á alcaldía en 1979. En 1983 revalidou o mandato, desta volta encabezando a lista do Partido Demócrata Popular, alcaldía que renovaría en 1987, desta volta representando a Coalición Progresista Galega. Estivo de alcalde ata 1989, ano no que muda ao PPdeG e obtén o posto deputado no Parlamento de Galicia, coa chegada de Manuel Fraga á Xunta de Galicia. Mentres seguía de deputado, en 1991 volve presentarse como candidato á alcaldía polo PPdeG, pero perde as eleccións: ao pouco dimite como concelleiro, pero continuará como deputado no Parlamento galego ata o seu falecemento.

Entre os feitos da súa alcaldía destaca que durante ela se a Xunta de Galicia construíu o instituto de bacharelato e mais o peirao comercial. Tamén, apolémica sobre o topónimo. Durán, que se opuña á forma Pobra, e prefería a castelá Puebla, convocou un referendo no concello o 26 de novembro de 1984, onde se lle preguntou os veciños e veciñas polo nome que desexaban. A forma Puebla gañou esmagadoramente (máis dun 90% dos votos), pero non conseguiu mudar a lei. Anos despois, incautou os exemplares da revista dunha asociación local (A Miserela) porque escribían a forma legal do topónimo: denunciado por esta acción, foi inhabilitado para o exercicio de cargos públicos polo Tribunal Supremo en outubro de 1993, só uns días antes da súa morte.


Predecesor:
-
 Pobra do Caramiñal.svg
Alcalde da Pobra do Caramiñal
 
19721977
Sucesor:
-
Predecesor:
-
 Pobra do Caramiñal.svg
Alcalde da Pobra do Caramiñal
 
19791989
Sucesor:
Álvaro Viéitez

Galardóns[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Faleceu en accidente de tráfico[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo Durán ya descansa en paz, 'La Voz de Galicia, 13/9/2008.
  2. Segundo Durán Casais perece vítima de un accidente de tráfico, La Voz de Galicia, 17/10/1993.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]