Segundo Durán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de maio de 1934 Rianxo, España |
Morte | 16 de outubro de 1993 (59 anos) Abalo, España |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
1989 – 1993 | |
Alcalde da Pobra do Caramiñal | |
1979 – xaneiro de 1990 (dimisión) | |
Alcalde da Pobra do Caramiñal | |
1972 – 1977 | |
Actividade | |
Ocupación | político, empresario |
Segundo Manuel Durán Casais, nado en Rianxo o 29 de maio de 1934 e finado en Abalo (Catoira) o 16 de outubro de 1993, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De novo mudouse á Pobra do Caramiñal, onde comezou a traballar como bedel nunha sociedade recreativa. Posteriormente montou unha empresa de transporte de mercadoría e finalmente unha gasolineira. En 1972 accedeu á alcaldía da Pobra designado polo gobernador civil de Coruña.[1] Permaneceu na alcaldía ata 1977. Coa chegada da democracia integrouse na UCD, formación coa que foi elixido alcalde por maioría absoluta en 1979,[2] sendo elixido deputado na Deputación da Coruña.[3] En 1983 revalidou o mandato con maioría absoluta, desta volta encabezando como independente a candidatura de Alianza Popular[4], volvendo a ser elixido deputado provincial. En 1987 revalidou novamente a alcaldía por maioría absoluta, desta volta encabezando a Coalición Progresista Galega. En 1989 pasou a formar parte do PPdeG e obtivo o posto deputado tralas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989, coa chegada de Manuel Fraga á Xunta de Galicia. Desta forma, tivo que renunciar como alcalde dada a incompatibilidade co cargo de deputado autonómico, polo que en xaneiro de 1990 foi substituído polo seu compañeiro Álvaro Viéitez Dávila. Mentres seguía de deputado, en 1991 volveu presentarse como candidato á alcaldía polo PPdeG, pero nesta ocasión perdeu as eleccións fronte ó PSdeG. Ao pouco dimitiu como concelleiro, pero continuou como deputado no Parlamento galego ata o seu falecemento.
Entre os feitos da súa alcaldía destaca que durante ela se a Xunta de Galicia construíu o instituto de bacharelato e mais o peirao comercial. Houbo unha polémica sobre o topónimo do concello. Durán, que se opuña á forma Pobra, e prefería a castelá Puebla, convocou un referendo no concello o 26 de novembro de 1984, onde se lle preguntou os veciños e veciñas polo nome que desexaban. A forma Puebla gañou esmagadoramente (máis dun 90 por cento dos votos), pero non conseguiu mudar a lei. Anos despois, incautou os exemplares da revista da asociación local A Miserela porque escribían a forma legal do topónimo: denunciado por esta acción, foi inhabilitado para o exercicio de cargos públicos polo Tribunal Supremo en outubro de 1993, só uns días antes da súa morte.
Predecesor: Atilano Lamas de Andrés |
Alcalde da Pobra do Caramiñal 1972 – 1977 |
Sucesor: Eliseo Escuris Batalla |
Predecesor: Eliseo Escuris Batalla |
Alcalde da Pobra do Caramiñal 1979 – 1990 |
Sucesor: Álvaro Viéitez Davila |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Fillo adoptivo da Pobra do Caramiñal dende 2008, a título póstumo.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Dolores Guillán Vilasó e foi pai de Juan Carlos, María José, Segundo, Manuel, Dolores e Oscar Durán Guillán. Faleceu en accidente de tráfico.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 26-3-1972, p. 11.
- ↑ La Voz de Galicia, 20-4-1979, p. 39.
- ↑ La Voz de Galicia, 15-5-1979, p. 43.
- ↑ La Voz de Galicia, 10-5-1983, p. 45.
- ↑ Segundo Durán ya descansa en paz, 'La Voz de Galicia, 13/9/2008.
- ↑ Segundo Durán Casais perece vítima de un accidente de tráfico, La Voz de Galicia, 17/10/1993.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Alcaldes da Pobra do Caramiñal
- Alcaldes de Galicia polo PPdeG
- Alcaldes de Galicia pola UCD
- Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega
- Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Deputados provinciais da Coruña
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG
- Deputados da III Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Nados en Rianxo
- Nados en 1934
- Finados en 1993