Sebastian Kurz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sebastian Kurz
Sebastian Kurz (2018-02-28) (cropped).jpg
Nacemento27 de agosto de 1986
 Viena
NacionalidadeAustria
RelixiónIgrexa católica
Educado enUniversidade de Viena
Ocupaciónpolítico e diplomático
Sebastian Kurz Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Sebastian Kurz, nado en Viena27 de agosto de 1986, é un político austríaco, ministro de Asuntos Exteriores e Integración dende 2013 até 2017 e chanceler de Austria dende o 2017.[1] É militante do Partido Popular Austríaco (ÖVP).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kurz naceu en Viena e medrou no barrio de Meidling, no que aínda reside. Estudou no Bundesgymnasium und Bundesrealgymnasium Erlgasse dende o ano 1996 e despois do exame final que realizou en 2004 completou o servizo militar. En 2009 foi elixido presidente da sección xuvenil do Partido Popular Austríaco. Entre 2010 e 2011 foi membro do consello da cidade de Viena. En abril de 2011 foi nomeado secretario de Estado de Integración, cargo recentemente creado e que formaba parte do Ministerio de Asuntos Exteriores. Nas eleccións xerais de Austria de 2013 resultou elixido membro do Consello Nacional (cámara baixa). En decembro de 2013 converteuse en ministro de Asuntos Exteriores de Austria, cuxa carteira incluíu tamén por petición propia as competencias de integración social. No momento de asumir o cargo de ministro, Kurz converteuse no ministro máis novo da historia de Austria e o ministro máis novo de toda a Unión Europea.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]