Xornada laboral
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xuño de 2014) |
A xornada laboral do traballador está formada polo número de horas que o traballador está obrigado a traballar efectivamente. Non se debe confundir co concepto de horario de traballo, a xornada representa o número de horas que o traballador debe prestar o seu servizo, mentres que o horario fixa a hora de entrada e a saída. Entre horario e xornada prevalece a xornada, posto que o salario que fixa o contrato vén determinado polo número de horas que se traballa.
Se o horario establecido impedise que se puidese realizar a xornada completa, o empresario poderá impoñer o cumprimento íntegro da xornada
Regulación internacional
[editar | editar a fonte]Nesta Conferencia estableceuse o convenio polo que se limitan as horas de traballo nas industrias a oito horas diarias ou corenta e oito semanais cuestión que constituíu o primeiro punto da orde do día da reunión da Conferencia celebrada en Washington, e que despois de decidirse que as devanditas proposicións revestisen a forma dun convenio internacional, se acordo a constitución do acordo como Convenio, que poderá ser citado como o Convenio sobre as horas de traballo -industria- de 1919 , e que foi sometido á ratificación dos Membros da Organización Internacional do Traballo de acordo coas disposicións da Constitución da OIT.
Unión Europea
[editar | editar a fonte]A directiva europea de 2003 de 'organización do tempo de traballo (Working Time Directive -32003 L 0088 -4/11/2002) indica que os traballadores da Unión Europea non poden ser obrigados a traballar durante máis de 48 horas por semana debendo ter polo menos 11 horas de descanso consecutivo cada 24 horas, se o horario de traballo supera as 6 horas o traballador terá dereito a un descanso computado como tempo de traballo. Semanalmente terá polo menos 24 horas (1 día) de descanso ininterrompido. Terán un descanso anual de 4 semanas. A xornada diaria de traballo non excederá as 8 horas. Así o indica a Directiva de Tempo de Traballo.
No ano 2005 a semana laboral media en Europa dos traballadores a tempo completo era de 40 horas (8 horas de luns a venres), por enriba de 40 horas están Letonia (que encabeza a lista con 42,6 horas), Estonia, República Checa, España (41 horas), Alemaña e Austria. Francia aparece na posición inferior en horas traballadas semanais con 37,6 horas semanais, segundo Eurostat.
Evolución da xornada de traballo e a semana laboral
[editar | editar a fonte]Xornadas de 14 horas 7 días á semana
[editar | editar a fonte]A cantidade de horas de traballo debe contabilizarse tanto na xornada diaria como a semanal e anual. Así, a semana de labor tradicional e anterior á revolución industrial era basicamente de 6 días, con 1 de descanso (venres, sábado ou domingo dependendo das distintas culturas e relixións). Durante a revolución industrial en Gran Bretaña e outros países a semana laboral alcanzo os 7 días sen descanso algún con xornadas de 14 horas.
As 8 horas diarias e as 40 horas semanais
[editar | editar a fonte]A reivindicación tradicional de 8 horas de traballo, 8 horas de lecer e 8 horas de sono alcanzouse en numerosos países na década de 1970 a 1980. Pasouse de semanas laborais de máis de 60 horas semanais a semanas de 48 horas semanais (6 días con xornada de 8 horas) e a 40 horas semanais (5 días con xornadas de 8 horas). Dende a década de 1980, a pesar do aumento da produtividade e o incremento do desemprego a xornada laboral mantívose ou creceu se se consideran as unidades familiares onde se pasou de 1 traballador a 2 traballadores (habitualmente os dous membros da parella ou matrimonio).
As propostas pendentes: 30 horas e as 35 horas semanais
[editar | editar a fonte]Os intentos fracasados de implantación, na década de 1970, da semanal laboral de 30 horas polas feministas suecas e, nos décadas de 1980 e 1990, da semana laboral de 35 horas en Francia reflicten o estancamento da redución do tempo de traballo e mesmo, na primeira década do século XXI, o incremento do tempo de traballo. Dende posicións neoliberais demándase o aumento do tempo de traballo como condición para a prosperidade -aínda cando non resolva o problema do desemprego-; dende posicións sindicais demándase unha redución da xornada de traballo, a repartición deste e a consideración do tempo traballado total polo conxunto da sociedade ou comunidade.
Regulación da xornada de traballo en España
[editar | editar a fonte]En canto á regulación da xornada laboral en España hai tres elementos a destacar
- Intervención normativa do Estado: Forman o mínimo legal, polo que non poden empeorarse as condicións establecidas. Esta intervención pode verse reflectida, á súa vez, en:
- Constitución Española: O artigo 40.2 establece que "os poderes públicos fomentarán unha política que garanta a formación e readaptación profesionais; velarán pola seguridade e hixiene no traballo e garantirán o descanso necesario, mediante a limitación da xornada laboral, as vacacións periódicas retribuídas e a promoción de centros axeitados."
- Ley do Estatuto dos traballadores: Concretamente, esta materia vén regulada nos artigos 12, 23 e 34-38.
- Xurisprudencia
- Os convenios colectivos: Poden mellorar ese mínimo legal. No artigo 34 da LET Ley do Estatuto dos Traballadores establécese que 'a duración da xornada de traballo será a pactada nos convenios colectivos ou o contrato de traballo"
- Vontade das partes: Nesta materia, a STC 210/1990 Sentenza do Tribunal Constitucional 210/1990, do 20 de decembro. Cuestión de inconstitucionalidade 834/1985. En relación coa Disposición transitoria da Lei 4/1983, do 29 de xuño, de reforma do Estatuto dos Traballadores en materia de xornada máxima legal e vacacións mínimas. deixa claro que 'no que atinxe á xornada de traballo (...), a preeminencia da Lei, polo que fai á fixación dos límites nesta, foi expresamente consagrada no artigo 40.2 da Constitución, de maneira que os Convenios Colectivos, e non só os contratos de traballo, han de respectar ineludiblemente o límite legal, nas condicións establecidas na propia lei"
Na lexislación establécense a xornada máxima legal e a súa distribución , o traballo efectivo , os descansos, o traballo nocturno así como a especificidade do traballador nocturno, o traballo a quendas, así como a xornada partida e a xornada continuada.