Alexander Schallenberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlexander Schallenberg

(2023) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Berna, Suíza Editar o valor em Wikidata
Federal Minister of Foreign Affairs of Austria (en) Traducir
6 de decembro de 2021 –
← Michael Linhart
Chanceler de Austria
11 de outubro de 2021 – 6 de decembro de 2021
← Sebastian KurzKarl Nehammer →
Federal Minister of Foreign Affairs of Austria (en) Traducir
7 de xaneiro de 2020 – 11 de outubro de 2021
← Alexander SchallenbergMichael Linhart →
Gabinete ministerial: Second Kurz cabinet (en) Traducir
Chancellery minister (en) Traducir
6 de xuño de 2019 – 7 de xaneiro de 2020
← Gernot Blümel (pt) Traducir, Juliane Bogner-Strauß (pt) TraducirChristine Aschbacher (pt) Traducir, Karoline Edtstadler (pt) Traducir, Susanne Raab (pt) Traducir →
Federal Minister of Foreign Affairs of Austria (en) Traducir
3 de xuño de 2019 – 7 de xaneiro de 2020
← Karin Kneissl (pt) TraducirAlexander Schallenberg →
Gabinete ministerial: Bierlein government (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena - xurisprudencia (1989–1994)
Universidade Pantheon-Assas (pt) Traducir
Colégio da Europa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Austríaco (pt) Traducir (2020–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá, lingua francesa, lingua inglesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
16 de xaneiro de 2023World Economic Forum Annual Meeting 2023 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaSchallenberg family (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiWolfgang Schallenberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: a_schallenberg Editar o valor em Wikidata

Alexander Schallenberg, nado en Berna (Suíza) o 20 de xuño de 1969, é un diplomático e político austríaco. Ministro para Europa, integración e asuntos exteriores entre 2019 e 2021, militante do Partido Popular de Austria (ÖVP), foi o chanceler federal de Austria dende o 11 de outubro ata 6 de decembro de 2021.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mocidade e carreira diplomática[editar | editar a fonte]

Descendente dunha familia aristocrática, é fillo dun embaixador.[1] Deste xeito a súa infancia transcorreu nos diferentes países onde seu pai estivo destinado como Suíza, India, España e Francia.[2] Entre 1989 e 1994 estudou Dereito na Universidade de Viena e na Universidade Panteón-Assas (París II), logo especializouse en Dereito Europeo no Colexio de Europa en Bruxas (Bélxica).[3]

Ingresou no servizo diplomático de Austria en 1997 onde traballou nas relacións coa Unión Europea, chegando a ser asesor legal da representación permanente de Austria na Unión Europea en Bruxelas. Posteriormente, tamén sería voceiro de varios ministros de exteriores pertecentes ao Partido Popular de Austria (ÖVP).[4]

Está divorciado e é pai de catro fillos.[5]

Ministro de Exteriores[editar | editar a fonte]

Foi nomeado, a proposta do ÖVP, ministro para Europa, integración e asuntos exteriores no goberno liderado por Brigitte Bierlein o 3 de xuño de 2019,[6] cargo que no que foi confirmado por Sebastian Kurz en xaneiro de 2020 no goberno de coalición entre o ÖVP e Os Verdes.[7] Aínda que cando chegou ao goberno non militaba en ningún partido, logo afiliouse no ÖVP.

Como ministro foi defensor de que Austria, aínda que non pertence a OTAN, estreitara relacións cos Estados Unidos, procurando que se ampliase a colaboración estratéxica entre ambas nacións.[8] Amosouse contrario ao repartimento de inmigrantes entre os países europeos, alegando que iso provocaría un aumento dos fluxos migratorios cara Europa.[9] En setembro de 2020, logo do incendio no campo de refuxiados de Moria, en Lesbos (Grecia), declarou que "se despexamos o campo de Moria, volverá estar cheo", unha sentenza que resultou polémica, tamén para os seus socios verdes.[10] Durante o conflito na Franxa de Gaza e Israel de maio de 2021, Schallenberg mandou izar unha bandeira de Israel na sede do ministerio como mostra de solidariedade fronte os ataques de Hamás.[11]

O 6 de decembro de 2021, logo do seu breve paso pola xefatura do goberno, foi nomeado de novo ministro de Exteriores polo chanceler Karl Nehammer.

Chanceler[editar | editar a fonte]

Ao longo de 2021, iniciáronse investigacións xudiciais contra o chanceler Sebastian Kurz por corrupción.[12][13] Este dimitiu o 9 de outubro de 2021, propoñendo a Alexander Schallenberg como próximo chanceler federal.[14] Deste xeito, o goberno de coalición entre a ÖVP e Os Verdes mantivo a súa vixencia e o presidente federal, Alexander Van der Bellen, designouno oficialmente chanceler o 11 de outubro de 2021.[15][16] Deixou a carteira de exteriores a Michael Linhart, na altura embaixador en París.[17] O perfil de Alexander Schallenberg, experimientado na diplomacia pero con escasa experiencia na política nacional, fixo que algúns xornalistas sinalaran que Sebastian Kurz seguiría sendo un "chanceler na sombra".[18] Estes alegan que, como xefe do grupo parlamentario do Partido Popular de Austria, Kurz, controlará a tarefa do executivo, sendo Schallenberg unha solución provisoria para un hipotético regreso posterior do seu predecesor.[19] Xa como chanceler, Schallenberg, declarou a súa vontade de manter as liñas de Kurz en políticas como a migratoria, a laboral e a resposta á pandemia de coronavirus.[20]

En novembro de 2021, no marco dunha nova vaga de covid-19 no país, Schallenberg anunciou restricións importantes para a poboación non vacinada. A partir do día 15 dese mes, os austríacos que non contasen coa vacina só poderían saír do domicilio por causa xustificada como traballar, mercar ou ir o médico.[21] A medida, que supuxo o confinamento parcial para uns dous millóns de persoas, manterase ata finais deses mes.[22] Días máis tarde, o seu goberno decretou un confinamento federal para toda a poboación e aprobou a vacinación obrigatoria.[23]

O 2 de decembro, Sebastian Kurz, confirmou que abandonaba a política. Horas despois, logo de 52 días de goberno, Alexander Schallenberg anunciou a súa dimisión como chanceler alegando que a xefatura do goberno e a xefatura do partido debían recaer na mesma persoa.[24] A prensa sinalou que o sucesor podería ser o entón ministro do Interior, Karl Nehammer.[25] A noticia confirmouse logo do comité executivo do ÖVP do 3 de decembro que o escolleu como líder do partido.[26] Schallenberg volveu ser o responsable da carteira de Asuntos Exteriores no gabinete de Nehammer.[27] O mandato de Alexander Schallenberg rematou oficialmente o 6 de decembro de 2021 e foi máis breve na historia da II República de Austria.[28]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Alexander Schallenberg: Karrierediplomat bleibt Außenminister". nachrichten.at (en alemán). Consultado o 2021-11-16. 
  2. ""Das Spielfeld der Diplomatie ist die zweite Reihe"". nachrichten.at (en alemán). Consultado o 2021-10-09. 
  3. Österreich, Außenministerium der Republik. "The Minister". www.bmeia.gv.at (en inglés). Consultado o 2021-10-09. 
  4. "Plötzlich Kanzler: Schallenberg vom Außenminister zum Regierungschef". kurier.at (en alemán). 2021-10-09. Consultado o 2021-10-09. 
  5. robert.treichler (2021-10-10). "Schallenberg: Was Sie über den designierten Bundeskanzler wissen sollten". profil.at (en alemán). Consultado o 2021-11-16. 
  6. "Das Kabinett Bierlein: Gekommen, um nicht zu bleiben". DER STANDARD (en alemán). Consultado o 2021-10-09. 
  7. Bundespräsident. "Kabinett Kurz II: Enthebung und Ernennung von Mitgliedern der Bundesregierung und der Staatsekretäre". www.bundespraesident.at (en alemán). Consultado o 2021-10-10. 
  8. "Außenminister Schallenberg will strategische Partnerschaft mit den USA ausbauen (PK-Nr. 625/2020)". www.parlament.gv.at (en alemán). Consultado o 2021-10-10. 
  9. christian.rainer,robert.treichler (2021-10-09). "Außenminister Schallenberg soll Kurz nachfolgen: "Ich bin Bürgerlicher seit Geburt"". profil.at (en alemán). Consultado o 2021-10-10. 
  10. Diario, Nós. "O lume de Moria esténdese a través da UE". Nós Diario. Consultado o 2021-10-10. 
  11. "Schallenberg: Israel-Flagge war "bewusstes Zeichen der Solidarität"". vienna.at. 2021-05-22. Consultado o 2021-10-10. 
  12. "Austrian leader Sebastian Kurz investigated by corruption inquiry". BBC News (en inglés). 2021-05-12. Consultado o 2021-10-10. 
  13. "Polizei durchsucht österreichisches Kanzleramt und ÖVP-Zentrale". stern.de (en alemán). Consultado o 2021-10-10. 
  14. "Bundeskanzler Kurz tritt zurück, Schallenberg soll übernehmen". profil.at (en alemán). 2021-10-09. Consultado o 2021-10-09. 
  15. "Van der Bellen: "Diese Regierungskrise ist beendet"". kurier.at (en alemán). 2021-10-10. Consultado o 2021-10-10. 
  16. Steinmüller-Schwarz, Martin; Simettinger, Valentin; Stepien, Kaja; Filzmoser, Georg; ORF.at, alle (2021-10-11). "Schallenberg und Linhart angelobt". news.ORF.at (en alemán). Consultado o 2021-10-11. 
  17. "Botschafter Michael Linhart wird neuer Außenminister". www.puls24.at (en alemán). Consultado o 2021-10-11. 
  18. "Sebastian Kurz démissionne pour mieux revenir". Le Temps (en francés). 2021-10-10. ISSN 1423-3967. Consultado o 2021-10-11. 
  19. Heidegger, Gerald; ORF.at (2021-10-11). "Neue Rolle von Kurz: „Schattenkanzler“ oder Abschied auf Raten?". news.ORF.at (en alemán). Consultado o 2021-10-11. 
  20. Nachrichten, Salzburger (2021-10-11). "Schallenberg bleibt auf Kurz-Kurs". www.sn.at (en alemán). Consultado o 2021-11-16. 
  21. Diario, Nós. "Austria confina a poboación non vacinada". Nós Diario. Consultado o 2021-11-14. 
  22. "Austria aproba un confinamento parcial para os non inmunizados". G24. Consultado o 2021-11-14. 
  23. red, ORF at/Agenturen (2021-11-19). "Impfpflicht kommt: Bundesweiter Lockdown ab Montag". news.ORF.at (en alemán). Consultado o 2021-11-19. 
  24. "Austria's Schallenberg to step down as his predecessor Kurz retires". euronews (en inglés). 2021-12-02. Consultado o 2021-12-03. 
  25. red, ORF at/Agenturen (2021-12-03). "ÖVP-Chef und Kanzler: Zeichen stehen auf Nehammer". news.ORF.at (en alemán). Consultado o 2021-12-03. 
  26. red, ORF at/Agenturen (2021-12-03). "Neues Regierungsteam: ÖVP macht Nehammer zum Kanzler". news.ORF.at (en alemán). Consultado o 2021-12-03. 
  27. Mauricio, André. "Terremoto político en Austria no medio do confinamento nacional pola Covid-19". Nós Diario. Consultado o 2021-12-04. 
  28. "‘I’m neither a saint nor a criminal.’ Sebastian Kurz walks away (for now)". POLITICO (en inglés). 2021-12-02. Consultado o 2021-12-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]