Hartwig Löger
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xullo de 1965 (59 anos) Selzthal, Austria (pt) |
Chanceler de Austria | |
28 de maio de 2019 – 3 de xuño de 2019 (Caso de Ibiza (pt) ) ← Sebastian Kurz – BrigitteBierlein → | |
Vice-Chancellor of Austria (en) | |
22 de maio de 2019 – 28 de maio de 2019 (Caso de Ibiza (pt) ) ← Heinz-Christian Strache – Clemens Jabloner → | |
Finance minister of Austria (en) | |
18 de decembro de 2017 – 3 de xuño de 2019 (Caso de Ibiza (pt) ) ← Hans Jörg Schelling – Eduard Müller (pt) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de São Galo (pt) Universidade de Economía e Empresa de Viena Universidade de Viena |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político |
Empregador | Austrian Federal Government (en) |
Partido político | Partido Popular Austríaco (pt) |
Hartwig Löger, nado o 15 de xullo de 1965 [1][2] en Selzthal,[3] Estiria, é un executivo e político austríaco.
Foi Ministro de Economía dende o 18 de decembro de 2017 ata o 3 de xuño de 2019.[4][5] Do 22 ao 28 de maio de 2019, exerceu brevemente como vicechanceler do goberno federal e do 28 de maio ao 4 de xuño como chanceler interino de Austria, tras a moción de censura contra o goberno de Sebastian Kurz.[6]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hartwig Löger medrou en Selzthal, en Estiria, e graduouse en 1983 no Stiftsgymnasium Admont .[7] Orixinalmente quería ser piloto, no exército comezou un adestramento de cadetes e realizou o exame de entrada de pilotos. Non aprobou debido a unha lesión no xeonllo e acabou por casualidade na industria dos seguros.[5] En 1987/88 fixo un curso universitario sobre a industria dos seguros na Universidade de Economía de Viena e de 1999 a 2001 completou un curso internacional de xestión (IMEA) na Universidade de Sankt Gallen.[2]
De 1985 a 1989 traballou como asesor dun corredor de seguros, despois ata 1996 como xerente de vendas para Estiria de Allianz, despois ata 1997 como axudante de xestión en Grazer Wechselseitige e ata 2002 como xerente de vendas en Donau Versicherung AG. Entre 2002 e 2017 traballou para o grupo de seguros UNIQA, inicialmente como director xeral de UNIQA International Versicherungs-Holding GmbH ata 2005 e ata 2011 como xefe de vendas exclusivas do grupo. En 2011 fíxose membro do consello executivo de UNIQA Versicherungen AG e director executivo de UNIQA Austria (dende 2013 UNIQA Österreich Versicherungen AG),[2] onde en decembro de 2017 o sucedeu Kurt Svoboda.[8]
De 2014 a febreiro de 2018 foi o sucesor de Peter Haubner no posto de presidente de Sportunion,[5] ata que o substituíu Michaela Steinacker.[9] Löger está casado, ten dous fillos e vive en Viena.[2]
Dende setembro de 2011 é membro da organización vienesa da Unión Empresarial do Partido Popular de Austria.[10] Ademais, é membro da irmandade estudantil católica Markomannia-Eppenstein da Mittelschüler-Kartell-Verband, e o seu nome en clave é Seneka, en referencia ao filósofo romano Séneca.[11]
Política
[editar | editar a fonte]Hartwig Löger é dende o 18 de decembro de 2017, Ministro de Economía. Foi nomeado polo Partido Popular (ÖVP) para este cargo ao inicio do goberno de coalición liderado por Sebastian Kurz.
Xunto a Gernot Blümel, Günther Helm (de Hofer KG) e Wolfgang Leitner, foi dende xaneiro de 2018 membro do Comité de Nomeamentos da ÖBIB (Österreichischen Bundes- und Industriebeteiligungen GmbH), que decide os investimentos que se fan nas empresas estatais.[12] En outubro de 2018, Löger presentou os seus plans para unha nova explotación estatal e posteriormente converteu a ÖBIB en ÖBAG, Österreichische Beteiligungs AG.[13][14]
O día 21 de marzo de 2018, realizou o seu primeiro discurso sobre orzamentos no parlamento e presentou un dobre orzamento para o 2018/2019. En 2018 debido aos baixos intereses gastáronse 488 millóns de euros menos que o gasto estimado, cun aforro real de 66 millóns de euros.[15] Para o ano 2019, o Ministerio de Facenda presupostou un superávit orzamentario de 541 millóns de euros.[16] Por primeira vez dende 1954, Austria conseguiu un superávit orzamentario no goberno federal.[17]
Löger foi brevemente, entre o 22 e o 28 de maio de 2019, vicechanceler de Austria, despois da dimisión de Heinz-Christian Strache, por mor do Caso Ibiza. O 28 de maio de 2019, tras a celebración con éxito dunha moción de censura contra o goberno de Sebastian Kurz, Löger xurou o cargo como chanceler de Austria mentres non se formaba un novo goberno.[18] O 3 de xuño Alexander Van der Bellen nomeou a Brigitte Bierlein como nova chanceler.[6]
Posicións políticas
[editar | editar a fonte]Declaración país por país
[editar | editar a fonte]En febreiro de 2018, opúxose á declaración país por país (country-by-country-reporting en inglés) por non ser "a forma máis eficaz para loitar pola xustiza fiscal".[19] Foi criticado por isto, entre outros, pola organización antiglobalización Attac .[20] O delegado do Parlamento da UE, Othmar Karas, anunciou que quería promover no seu propio partido a introdución da declaración país por país.[21] Como resultado, Löger deixou claro que debía haber unha decisión fiscal completa para as corporacións a nivel internacional, pero a pregunta era como deben publicarse os detalles.[22]
Tributación inmobiliaria
[editar | editar a fonte]No outono de 2018, Löger pediu a introdución dun imposto sobre os beneficios das accións en Austria e na UE. Ao mesmo tempo, puxo fin aos esforzos realizados dende 2014 por dez estados da UE, incluída Austria, para introducir un imposto sobre transaccións financeiras.[23]
Obras
[editar | editar a fonte]- Hartwig Löger: Die Feuer-Betriebsunterbrechungs-Versicherung: lebensnotwendig zur Erhaltung der Liquidität im Brandschadenfall. 1989[24]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hartwig Löger na web do parlamento austríaco(en alemán)
- BMF: Chanceler Federal e Ministro de Finanzas Hartwig Löger (en alemán)
- Hartwig Löger en www.meineabgeordneten.at (en alemán)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eleccións á Cámara de Comercio" (PDF) (en alemán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de outubro de 2020. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Löger na web de UNIQA" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2017. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Hartwig Löger na web do Ministerio de Economía" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2019. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Neue Regierung: Uniqa-Manager Löger als Finanzminister" (en alemán). 15 de decembro de 2017. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Vier Steirer und drei Kärntner in der Bundesregierung" (en alemán). 16 de decembro de 2017. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 "Presta juramento el primer Gobierno austríaco liderado por una mujer, la jueza Brigitte Bierlein". 20 minutos (en castelán). 3 de xuño de 2019. Consultado o 3 de xuño de 2019.
- ↑ "Uniqa-Manager wird der neue Finanzminister" (en alemán). 16 de decembro de 2017. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Chefwechsel bei Uniqa Österreich: Svoboda folgt auf Finanzminister Löger - derstandard.at/2000070608045/Chefwechsel-bei-Uniqa-OesterreichSvoboda-folgt-Finanzminister-Loeger" (en alemán). 18 de decembro de 2017. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Peter McDonald ist neuer Sportunion-Präsident" (en alemán). 1 de xullo de 2018. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Ministerinnen mittlerweile ÖVP-Mitglieder" (en alemán). 29 de marzo de 2018. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Vom Makler zum Minister" (en alemán). 17 de decembro de 2017. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "ÖVP-Finanzminister bestätigt neue Köpfe in Öbib-Nominierungskomitee" (en alemán). 30 de maio de 2019. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Staatsunternehmen: Aus zahnloser Öbib wird mächtige ÖBAG" (en alemán). 30 de maio de 2019. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Aus der Staatsholding ÖBIB wurde die ÖBAG" (en alemán). 30 de maio de 2019. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Nur 66 Millionen eingespart" (en alemán). 1 de febreiro de 2019. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Neue Zeitrechung in Budgetpolitik" (en alemán). 21 de marzo de 2018. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Kurz, Strache verordnen Nulldefizit" (en alemán). 27 de febreiro de 2018. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "El presidente de Austria destituye al Gobierno de Kurz: ¿Qué ha pasado?" (en castelán). 28 de maio de 2019. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Finanzminister Löger gegen neue Transparenzregeln für Großkonzerne in der EU" (en alemán). 10 de febreiro de 2018. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Attac kritisiert Finanzminister" (en alemán). 30 de maio de 2019. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Othmar Karas will für Country-by-Country-Reporting werben" (en alemán). 17 de febreiro de 2018. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Löger für Steuertransparenz: "Gebe Gas im Sinn der Klarstellung"" (en alemán). 19 de febreiro de 2018. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Löger erwägt Aktiensteuer statt Finanztransaktionssteuer" (en alemán). 28 de outubro de 2018. Consultado o 30 de maio de 2019.
- ↑ "Die Feuer-Betriebsunterbrechungs-Versicherung : lebensnotwendig zur Erhaltung der Liquidität im Brandschadenfall" (en alemán). Consultado o 30 de maio de 2019.