Saturnino Calderón Collantes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Saturnino Calderón Collantes
Saturnino Calderon Collantes.jpg
Nacemento26 de febreiro de 1799
 Reinosa
Falecemento1864
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndiplomático e político
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica e Gran Cruz da Orden de Carlos lll
editar datos en Wikidata ]

Saturnino Calderón Collantes, nado en Reinosa o 26 de febreiro de 1799, e finado en París, o 7 de outubro de 1864, foi un aristócrata e político español que , foi ministro en varias ocasión e tamén presidente interino do Consello de Ministros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o fillo máis vello de Manuel Santiago Calderón e Rodríguez-Fontecha, senador por Santander, e a súa muller Saturnina Collantes y Fonegra. Seu irmán Fernando Calderón Collantes, Marqués de Reinosa, foi tamén un importante político da época.

Trala morte de Fernando VII, foi deputado en diferentes lexislaturas por Ourense (1834, 1836, 1837, 1839, 1840 e 1846), A Coruña (1840 e 1846), Lugo (1844) e Santander (1840).[1] En 1838, foi nomeado senador[2] e, dende 1847, foi senador vitalicio até 1864.[3]

Durante as rexencias de María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias e de Espartero foi ministro de Estado. En 1850, no goberno de Narváez, foi ministro de comercio, intrución e obras públicas e, de novo, en 1858, no goberno de O'Donnell. Entre novembro de 1859 e marzo de 1860, foi Presidente interino do Consello de Ministros de España.[4]

En 1861, asinou o Tratado Comercial entre Marrocos e España. As discusións producidas pola súa defensa da conduta do xeneral Prim na expedición a México levou no a dimitir en 1863. Durante o ano seguinte, trasladouse a Francia onde morreu pouco tempo despois, afastado da política española.[5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Cabaleiro da Gran Cruz da orde de Carlos III
  • Cabaleiro da Gran Cruz da orde de Isabel a Católica.
Predecesor:
Lorenzo Arrazola García
Ministerio de Estado
Escudo del rey de España abreviado antes de 1868.svg

1839 - 1840
Sucesor:
Agustín Armendáriz Murillo
Predecesor:
Manuel Seijas Lozano
Ministerio de Comercio, Instrución e Obras Públicas
Escudo del rey de España abreviado antes de 1868.svg

1850 - 1851
Sucesor:
Santiago Fernández Negrete
Predecesor:
Francisco Javier de Istúriz
Ministerio de Estado
Escudo del rey de España abreviado antes de 1868.svg

1858 - 1863
Sucesor:
Francisco Serrano Domínguez
Predecesor:
Leopoldo O'Donnell
Presidente do Goberno español (interino)
1859 - 1860
Sucesor:
Leopoldo O'Donnell

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha persoal de Saturnino Collantes Calderón". congreso.es. Consultado o 16-06-2018. 
  2. Expediente persoal do Senado
  3. Ruiz Gómez, Fernando. "Collantes. Ilustrados, liberales y pioneros de la industrialización en España". Cuadernos de Campoo. Consultado o 16-06-2018. 
  4. Urquijo (2001), p. 190
  5. Saturnino Collantes a mcnbiografias.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Urquijo Goitia, José Ramón (2001). Gobiernos y ministros españoles en la Edad Contemporánea. Col. Biblioteca de Historia. Madrid: CSIC. ISBN 978-84-00-08737-1. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]