Condado de Bugallal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Condado de Bugallal é un título nobiliario creado en España o 2 de marzo de 1896 e aínda vixente, e orixinariamente radicado en Galicia.

Historia[editar | editar a fonte]

Gabino Bugallal, segundo conde de Bugallal.

O condado de Bugallal creouno o rei Afonso XIII para o beneficio da dama Adelaida García Rodríguez, viúva que fora do ministro ponteareán Saturnino Álvarez Bugallal. Ao careceren de fillos na parella, un Real Decreto do 12 de febreiro de 1906 autorizaba a Adelaida García a nomear un sucesor, o que fixo para o seu curmán Gabino Bugallal; Saturnino Álvarez e José Ramón Bugallal, pai de Gabino Bugallal, eran curmáns. Gabino Bugallal era daquela un importante político español, que acabaría sendo presidente do goberno.

A Gabino Bugallal sucedeuno a súa filla morgada, Matilde Bugallal, que faleceu sen fillos, e a esta a súa irmá María del Carmen Bugallal. A esta sucedeulle o seu fillo, José Ramón Fernández-Bugallal, a quen sucedeu a súa filla Cristina Fernández-Bugallal.

A familia posuía en Pontevedra o pazo da Parda[1].

Condes e condesas de Bugallal[editar | editar a fonte]

Titular Período
Creación por Afonso XIII
I Adelaida García Rodríguez 1896-1912
II Gabino Bugallal 1912-1932
III Matilde Bugallal Rodríguez 1932-1932
IV María del Carmen Bugallal 1932-1970
V José Ramón Fernández-Bugallal 1970-2008
VI Cristina Fernández-Bugallal 2008-actual titular

Notas[editar | editar a fonte]