Satirión morado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O satirión morado, Orchis mascula,[1] é unha orquídea de hábito terrestre que se distribúe pola Europa mediterránea e noroeste de África.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Orchis mascula planta.
Orchis mascula, roseta foliar con talo da inflorescencia.

As follas son oblongas cunha lonxitude de 8 cm xeralmente con manchas desiguais de cor purpurea marrón escura. Tamén presenta bráctea que envolve o talo na maior parte da súa lonxitude. As follas crecen desde os nódulos subterráneos que teñen un tamaño máximo de 6 cm e son elipsoides.

A inflorescencia que é erecta en espiga con forma oblonga, sae da roseta basal de 5 a 10 follas oblongo lanceoladas que ás veces están moteadas de puntos púrpura marronáceos. O talo de 7,5 a 12,5 cm de lonxitude. Presenta unha densa floración en forma oblonga con flores pequenas . O tres sépalos son iguais en tamaño estando soldados polos lados quedando os ápices soltos en 2/4 partes, estes extremos soltos dos dous laterais cúrvanse cara arriba e lixeiramente cara a ambos os lados. Forman unha especie de gorra que cobre a columna. Os sépalos presentan unha cor uniforme púrpura forte. O labelo sobresae debaixo do casco 3/4 partes. É de cor púrpura como os sépalos, no centro ten unha liña branca máis ancha na base e estréitase até desaparecer a metade do labelo moteada de puntos púrpura de cor máis intensa que o do resto da flor. O labelo presenta tres lóbulos, o central lixeiramente máis ancho que os dous lóbulos que hai un a cada lado que están lixeiramente arqueados cara a dentro e cara arriba. Ten ademais dous pétalos case tan grandes como os sépalos de cor rosa esbrancuxada que cobren á columna por baixo de sépalos. Florece dende marzo até xuño. A cor pode variar desde esbrancuxada a diferentes tons de rosa e púrpura.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Desenvólvese en prados e terreos á luz solar directa ou media sombra.

Atópanse no Mediterráneo e noroeste de África.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Orchis mascula foi descrita por Linné e publicada en Flora Suecica 310. 1755.[3]

Etimoloxía

Estas orquídeas reciben o seu nome do grego όρχις "orchis", que significa testículo, pola aparencia dos tubérculos subterráneos nalgunhas especies terrestres. A palabra 'orchis' usouna por primeira vez Teofrasto (371/372 - 287/286 a. C.), no seu libro "De historia plantarum" (A historia natural das plantas). Foi discípulo de Aristóteles e está considerado como o pai da Botánica e da Ecoloxía.

mascula: epíteto latino que significa macho, masculino.[4]

Sinonimia
  • Orchidactyla kromayeri (M.Schulze) Borsos & Soó 1966;
  • Orchidactyla pentecostalis (Wettst. & Sennholz) Borsos & Soó 1966 ;
  • Orchidactyla speciosissima (Wettst. & Sennholz) Borsos & Soó 1966;
  • Orchis brevicornis var. fallax De Not. 1844;
  • Orchis cochleata Fleischm. & M.Schulze 1902;
  • Orchis compressiflora Stokes 1812 ;
  • Orchis fallax (De Not.) Willk. in Willk. & J.M.C.Lange 1861
  • Orchis glaucophylla A.Kern. 1864
  • Orchis kromayeri M.Schulze 1904
  • Orchis mascula f. longifolia Landwehr 1977
  • Orchis mascula subsp. occidentalis O.Schwarz 1949
  • Orchis mascula subsp. signifera (Vest) Soó 1927
  • Orchis mascula subsp. speciosa (Mutel) Hegi 1909
  • Orchis mascula subsp. tenera (Landwehr) Del Prete 1999
  • Orchis mascula subsp. wanjkovii (E.Wulff) Soó 1932
  • Orchis mascula var. acutiflora W.D.J.Koch 1837
  • Orchis mascula var. bicolor Balayer 1986
  • Orchis mascula var. fallax E.G.Camus 1889
  • Orchis mascula var. hostii Patze, E.Mey. & Elkan 1848
  • Orchis mascula var. maritzii J.A.Guim. 1887
  • Orchis mascula var. monsignatica Font Quer 1928
  • Orchis mascula var. obtusiflora W.D.J.Koch 1837
  • Orchis mascula var. speciosa Mutel 1836
  • Orchis mascula var. tenera Landwehr 1977
  • Orchis monsignatica (Font Quer) Rivas Goday 1941
  • Orchis morio f. mascula L. 1753
  • Orchis morio var. mascula L. 1753
  • Orchis obtusa Schur 1866
  • Orchis obtusiflora Schur 1853
  • Orchis olivetorum Gren. ex Nyman 1882
  • Orchis ovalis F.W.Schmidt 1791
  • Orchis parreissii C.Presl 1845
  • Orchis patens var. fallax (De Not.) Rchb.f. 1851
  • Orchis pentecostalis Wettst. & Sennholz 1889
  • Orchis signifera Vest 1824
  • Orchis speciosa Host 1831;
  • Orchis speciosissima Wettst. & Sennholz 1889;
  • Orchis stabiana Tenore 1833;
  • Orchis tenera (Landwehr) Kreutz 1991;
  • Orchis untchji M.Schulze 1907;
  • Orchis vernalis Salisbury 1796;
  • Orchis wanjkovii E.Wulff 1930;
  • Orchis wilmsii K.Richt. 1890

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
  2. Jay Pfahl. "Orchis mascula". Internet Orchid Species Photo Encyclopedia (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2013. 
  3. "Orchis mascula". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 7 de abril de 2013. 
  4. En Epítetos Botánicos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Leroy-Terquem, Gerald e Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991.
  • Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993.
  • White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996.
  • Alec Pridgeon. The Illustrated Encyclopedia of Orchids. Publicado por Timber Press.
  • Bechtel, Cribb e Launert. The Manual Of Cultivated Orchid Species. Publicado por The MIT Press.
  • Williams, N. H. 1972. A reconsideration of Ada and the glumaceous brassias. Brittonia 24: 93–110.

Outros artigos[editar | editar a fonte]