Johan Lange
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1818 Fredericia, Dinamarca (pt) |
Morte | 3 de abril de 1898 (80 anos) Copenhague, Dinamarca |
Educación | Universidade de Copenhague |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico, profesor universitario, explorador |
Empregador | Royal Veterinary and Agricultural University (en) |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Lange |
Familia | |
Fillos | Agnete Skovgaard |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Johan Martin Christian Lange (Johan Lange) nado o 20 de marzo de 1818 e finado o 3 de abril de 1898, foi un botánico, pteridólogo, micólogo, briólogo e algólogo dinamarqués.
Obtivo o posto de bibliotecario na "Biblioteca Botánica" da Universidade de Copenhague de 1851 a 1858, e Director do Xardín botánico de 1856 a 1876, docente de Botánica na Universidade Técnica Danesa de 1857 a 1862, e o mesmo no Colexio Real de Veterinaria e Agricultura de 1858 a 1893, chegando a profesor titular en 1892.
Comeza editando a súa Flora Danica en 1858, e foi o seu último editor con Japetus Steenstrup, Logo de finalizada a publicación de Flora Danica, edita Nomenclator Floræ Danicæ en 1887 - un volume indexando todas as pranchas de Flora Danica alfabética, sistemática e cronoloxicamente.
Explora moito Europa, completando extensivos estudos da flora de Dinamarca, Groenlandia e outras áreas europeas, especialmente a Península Ibérica, publicando "Willkomm & Lange": Prodromus Florae Hispanicae, 1861-80, e Prodromus Florae Hispanicae, coautor con Heinrich Moritz Willkomm. Os datos relativos á flora galega que se recollen no texto débense, practicamente en exclusiva, aos exemplares herborizados por Lange na súa viaxe en 1852, mantendo contacto con Miguel Colmeiro.[1] e tendo consultado o herbario de Pedro Andrés Pourret.
Expande a clasificación desenvolvida por Linneo, escribindo Plantenavne og navngivningsregler ("Nomes de Plantas e regras para nomealas") que influencia no desenvolvemento do Código Internacional de Nomenclatura Botánica (código San Luís), o sistema hoxe en uso.
Charles Darwin pediulle prestado un libro a Lange, e falla en retornarllo en tempo, como o menciona Darwin na súa correspondencia.[2]
Escolma da obra
[editar | editar a fonte]Obra con referencias a Galiza:
[editar | editar a fonte]- Descriptio iconibus illustrata plantarum novarum … e Flora hispanica. 1864–1866
- Prodromus Florae Hispanicae, coautor con Heinrich Moritz Willkomm. Na bibliografía aparecen citados o Flora Fanerogámica gallega (Planellas Giralt, 1852) e os Recuerdos botánicos de Galicia (Colmeiro, 1850). Willkomm, o coautor de Prodomus, dedicou a Miguel Colmeiro o nome da Genista candicans var. colmeiroi (Willk 1847) e Malva tournefortiana var. ou sin. colmeiroi (Willk 1859) [3]
Outra obra
[editar | editar a fonte]- Haandbog i dean Danske Flora. 1850–1851, 4. Auflage 1886–1888.
- Icones plantarum sponte nascentium in regnis Daniae et Norvegiae, in ducatibus Slesvici et Holsatiae et in comitatibus Oldenburgi et Delmenhorstiae (Íconos de plantas silvestres nos reinos de Dinamarca e Noruega, no ducado de Schleswig-Holstein, e nos principados de Oldenburg e de Delmenhorst)
- Conspectus florae groenlandicae: Grønlands mosser (Muscineae) (Visión dos brións de Groenlandia)
- Conspectus florae groenlandicae: 1. Fanerogamer og karsporeplanter (Visión das plantas vasculares de Groenlandia)
- Conspectus florae groenlandicae: Tillæg til fanerogamerne og karsporeplanterne (Visión das plantas de Groenlandia, Suplemento de plantas vasculares)
- Revisio specierum generis Crataegi … quae in hortis Daniae coluntur. 1897.
- Arboretum scandinavicum. 1883.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Heinrich Moritz Willkomm. O botánico máis importante da historia da Botánica na Península Ibérica". Consello da Cultura. Consultado o 21-1-2021.
- ↑ "The Darwin Correspondence Online Database"
- ↑ "Viajes de un botánico sajón por la Península Ibérica. Heinrich Moritz Willkomm (1821-1895). (en castelán)" (PDF). eltiocazuela / Reasearch Gate / Universidad de Córdoba. Consultado o 21-1-2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Johan Lange |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Johan Lange |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Johan Lange". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- Johan Lange, publicacións selectas
- Johan Lange, biografía
- Proxecto Correspondencia de Darwin
- «Johan Martin Christian Lange». Índice Internacional de Nomes das Plantas (IPNI). Real Xardín Botánico de Kew, Herbario da Universidade Harvard e Herbario nacional Australiano (eds.).