Richard von Wettstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Richard von Wettstein
Nacemento30 de xuño de 1863
Lugar de nacementoViena (Imperio austrohúngaro)
Falecemento10 de agosto de 1931
Lugar de falecementoTrins, Tirol
(Primeira República de Austria)
SoterradoCemiterio central de Viena
Nacionalidadeaustríaca
Alma máterUniversidade de Viena
Ocupaciónbotánico, profesor universitario
CónxuxeAdele
FillosFriedrich von Wettstein
Coñecido porCreación do Sistema Wettstein
editar datos en Wikidata ]

Richard von Wettstein, nado o 30 de xuño de 1863 en Viena, e finado o 10 de agosto de 1931 en Trins, Tirol austríaco, foi un botánico austríaco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Wettstein estudou en Viena, onde foi discípulo de Anton Kerner von Marilaun (1831-1898) e casou coa súa filla Adele, coa que tivo un fillo, Friedrich von Wettstein, que foi tamén botánico, ademais de biólogo, naturalista e xenetista .[1]

Foi profesor na Universidade Carolina de Praga desde 1892, e posteriormente na Universidade de Viena, desde 1899, da que foi profesor titular de botánica sistemática, e onde foi director do Xardín Botánico da Universidade, que renovou, e do Instituto de Botánica. O xardín e o edificio do instituto reconstruíronse baixo a súa dirección no curso 1904-05.[2]

Como botánico, Wettstein foi especialista en pteridófitas, micoloxía, ficoloxía e en espermatófitas. Traballou principalmente como sistemático das plantas; fundou unha das grandes clasificacións clásicas dos vegetais, chamada xustamente o Sistema Wettstein ou clasificación de Wettstein. Para o traballo The Natural Plant Families de Adolf Engler no volume 4 número 3b, traballou nas familias de plantas "Nolanaceae, Solanaceae, Scrophulariaceae, Globulariaceae, Myoporaceae" (1891-1895).

En política, Wettstein foi nomeado membro do Reichsrat austríaco en 1917. Despois da primeira guerra mundial pertenceu a un grupo de traballo austro-alemán fundado en 1919,[3] cuxos membros fixeron campaña para que Austria se unise ao Reich alemán.[4]

En 1894 foi elixido membro da Leopoldina.[5] En 1901 foi elixido presidente da Sociedade Zoolóxica e Botánica de Viena (Zoologisch-Botanische Gesellschaft), e durante o mesmo ano participou nunha expedición científica ao Brasil.[6] En 1908 foi presidente da Sociedade de científicos e médicos alemáns. A partir de 1910 foi membro da Academia de Ciencias e en 1919 o seu vicepresidente. No curso 1913-14 foi reitor da Universidade de Viena. En 1914 converteuse en membro correspondente da Academia de Ciencias de Baviera. En 1908 foi presidente da Sociedade de científicos e médicos naturais alemáns. A partir de 1910 foi membro da Academia de Ciencias e 1919 o seu vicepresidente. En 1913/14 foi reitor da Universidade de Viena. En 1914 converteuse en membro correspondente da Academia de Ciencias de Baviera.[7] Pertenceu á Academia Rusa das Ciencias desde 1924 como membro correspondente e desde 1927 como membro honorario (desde 1925: Academia das Ciencias da URSS).[8]

En 1919 foi nomeado vicepresidente da Academia de Ciencias de Viena. En 1927 foi admitido na Academia Americana de Artes e Ciencias e, en 1928, na Academia de Ciencias de Göttingen.[7]

Durante os seus últimos anos (1929–30), viaxou co seu fillo Friedrich (Fritz), ao leste e o sur de África.[6]

Richard von Wettstein faleceu o 10 de agosto de 1931 en Trins, no Tirol austríaco. Pouco despois da súa morte, o entón alcalde de Viena, Karl Seitz, decretou que se puxese a disposición de Wettstein unha tumba de honra no cemiterio central de Viena.[9]

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • Nolanaceae, Solanaceae, Scrophulariaceae en (Engler & Prantl 1895, pp. 1–107).
  • Grundzüge der geographisch-morphologischen Methode der Pflanzensystematik, 1898 - Base dos métodos xeográfico-morfolóxicos da sistemática das plantas.
  • Botanik Und Zoologie In Österreich in den Jahren 1850 Bis 1900, 1901 - Botánica e zooloxía en Austria nos anos 1850 a 1900.
  • Der Neo-Lamarckismus und seine Beziehungen zum Darwinismus, 1903 - O neolamarkismo e a súa relación co darwinismo.
  • Wettstein, Richard (1924). Handbuch der Systematischen Botanik 2 vols. (3rd ed.). Viena: Deuticke. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2015. Consultado o 15 April 2015. 
  • Tratado de botánica sistemática, 4ª edición, 1944. Barcelona: Editorial Labor S.A.

Honores[editar | editar a fonte]

Sepultura de Richard von Wettstein no cemiterio central de Viena

Epónimos[editar | editar a fonte]

Xéneros
Especies

Outros[editar | editar a fonte]

En 1905, foi copresidente do Congreso International de Botánica, celebrado en Viena.[18]

Desde 1942, n0 distrito 21 de Floridsdorf, está a rúa Wettstein (Wettsteinstraße).

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

As abreviaturas Wettstein e Wettst. empréganse cara recoñecer a Richard von Wettstein como autoridade da descrición e taxonomía en botánica.[19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Franz Speta (2000): Warum Otto Stapf: "Wien verlassen hat". Phyton (Horn, Austria) 40 (1): 89-113.
  2. Thomas Maisel (2008): Scholars in Stone and Bronze: The Monuments in the Arcaded Courtyard of the University of Vienna. University of Vienna: Böhlau Verlag Wien. (p. 42 Richard Wettstein von Westerheim (1863–1931) botánico). ISBN 978-3-2057-8224-7.
  3. Friedrich F. G. Kleinwaechter, Heinz von Paller, Ernst Schoenian (1930). Die Anschlussfrage in ihrer kulturellen, politischen und wirtschaftlichen Bedeutung. Wien: Verlag Braumüller. 
  4. Peter Berger (2007). Kurze Geschichte Österreichs im 20. Jahrhundert (2 ed.). Facultas. ISBN 978-3708903545. 
  5. "Mitgliederverzeichnis Leopoldina, Richard von Wettstein". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 Ingebor 2014.
  7. 7,0 7,1 Holger Krahnke: Die Mitglieder der Akademie der Wissenschaften zu Göttingen 1751–2001 (= Abhandlungen der Akademie der Wissenschaften zu Göttingen, Philologisch-Historische Klasse. Folge 3, Bd. 246 = Abhandlungen der Akademie der Wissenschaften in Göttingen, Mathematisch-Physikalische Klasse. Folge 3, Bd. 50). Vandenhoeck & Ruprecht, Göttingen 2001, ISBN 3-5258-2516-1, p. 257.
  8. Academia de Ciencias de Rusia (2 de decembro de 2002). "Веттштейн Рихард фон (Wettstein Richard von)". Consultado o 14 de xaneiro de 2021. 
  9. ANNO. Historische österreichische Zeitungen und Zeitschriften online. 14-08-1932. Notizen. Ein Ehrengrab für Professor Wettstein.
  10. Bull. Soc. Bot. Genève Ser. II, ii 167 1910 (IK)
  11. Repert. Spec. Nov. Regni Veg. 39: 18 1935 (IK)
  12. Gard. Chron. 1922, Ser. III. lxxi 231 (IK)
  13. Bull. Soc. Bot. Genève 1912, Ser. II iv 152 (IK)
  14. Preslia 46 (3): 227 1974 (IK)
  15. Sitzungsber. Zool.-Bot. Ges. Wien xxxviii 1888 (IK)
  16. Oesterr. Bot. Z. 41: 371 in syn. 1891 (IK)
  17. Bot. Jahrb. Syst. 57 (2 Beibl. 126): 33 in syn. 1921 (IK)
  18. Stafleu, Cowan & Richard 1976–1988.
  19. Wettst. – Richard Wettstein (1863-1931) no IPNI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]