Saltar ao contido

Satirión encarrapuchado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Orchis morio»)

O satirión encarrapuchado, Orchis morio,[1] L. 1755 é unha especie fanerógama incluída no xénero de orquídeas Orchis da subfamilia Orchidoideae da familia Orchidaceae. Distribúense pola Europa mediterránea, e noroeste de África. Son de hábitos terrestres e teñen tubérculos.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Orchis morio - planta.

As follas son oblongas cunha lonxitude de 8 cm xeralmente con manchas máis ou menos uniformes de cor purpurea marrón escura. Tamén presenta brácteas foliares (3 a 4) que envolven o talo na maior parte da súa lonxitude. As follas crecen dende os nódulos subterráneos que teñen un tamaño máximo de 6 cm e son elipsoides.

O talo da inflorescencia que é erecta en espiga con forma oblonga, sae da roseta basal de 5 a 10 follas oblongo lanceoladas que ás veces están moteadas de puntos púrpura marronáceos. O talo ten de 7,5 a 12,5 cm de lonxitude. Presenta unha floración en forma oblonga con flores pequenas (8 a 12) . Dos tres sépalos, os dous laterais son iguais en tamaño, de cor marrón verdosa con nervaduras de cor verde máis escura converxentes no ápice estando soldados pola base, quedando sépalos arqueados lateralmente para converxer os ápices cara ao centro, por encima da columna sen cubrila totalmente. O sépalo central é lixeiramente máis pequeno que os laterais, este de cor púrpura sitúase xusto encima da columna.O labelo sobresae debaixo do casco 3/4 partes, é de cor purpúrea esbrancuxada. O labelo de forma trapezoidal presenta tres lóbulos ( formados por dúas pequenas identacións) o central lixeiramente máis ancho que os dous lóbulos que hai un a cada lado que están lixeiramente arqueados cara a dentro e cara arriba. Ten ademais dous pétalos moi reducidos que non se aprecian e están dentro da flor.Florece dende marzo até xuño. A cor pode variar dende esbrancuxada a diferentes tons de rosa e púrpura.

Desenvólvese en prados e terreos de tendencia aceda, á luz solar directa ou media sombra.Atópanse no Mediterráneo, e noroeste de África.[2]

Usos medicinais

[editar | editar a fonte]

A fariña dos seus tubérculos chamada salep é moi nutritiva e demulcente. Úsase en dietas especiais de convalecentes e nenos. É moi rica en mucílago e forma unha demulcente e suave xelatina que se usa para a canle gastrointestinal irritada. Unha parte de fariña con cincuenta partes de auga son suficientes para formar a xelatina. O tubérculo para preparar a fariña debe ser colleitado cando a planta está recentemente seca despois da floración e cando soltou as sementes.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Orchis morio foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 940. 1753.[3]

Etimoloxía

Estas orquídeas reciben o seu nome do grego όρχις "orchis", que significa testículo, pola aparencia dos tubérculos subterráneos nalgunhas especies terrestres. A palabra 'orchis' usouna por primeira vez Teofrasto (371/372 - 287/286 a. C.), no seu libro "De historia plantarum" (A historia natural das plantas). Foi discípulo de Aristóteles e está considerado como o pai da Botánica e da Ecoloxía.

morio: epíteto que procede do castelán que designa a un casco de fantasía do Renacemento.

Sinonimia
  • Orchis morio var. picta (Loisel.) K.Richt. 1890
  • Orchis picta Loisel. 1827
  • Anacamptis morio (L.) R.M.Bateman, Pridgeon & M.W.Chase 1997;
  • Orchis albanica Gölz & H.R.Reinhard 1984;
  • Orchis candida A.Terracc. 1910;
  • Orchis champagneuxii var. mesomelana (Rchb.f.) D.Tyteca 1986;
  • Orchis crenulata Gilib. 1792;
  • Orchis graeca Orph. ex Soó 1928;
  • Orchis intermedia Meigen & Weniger 1819;
  • Orchis moria Retz. 1779;
  • Orchis morio f. velutina (Schur) Pauca 1972;
  • Orchis morio subsp. albanica (Gölz & H.R.Reinhard) Buttler 1986;
  • Orchis morio var. longicalcarata Boiss. 1842;
  • Orchis morio var. mesomelana Rchb.f. 1851
  • Orchis morio var. velutina Schur 1866
  • Orchis nicodemi Ten. 1811;
  • Orchis officinalis Salisb. 1796;
  • Orchis skorpili Velen. 1886;
  • Serapias athensis Lej. 1813[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
  2. Jay Pfahl. "Orchis morio". Internet Orchid Species Photo Encyclopedia (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2013. 
  3. "Orchis morio". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 7 de abril de 2013. 
  4. Sinónimos en Orchidspecies

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Leroy-Terquem, Gerald e Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991.
  • Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993.
  • White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996.
  • The Illustrated Encyclopedia of Orchids by Alec Pridgeon. Publicado por Timber Press.
  • The Manual Of Cultivated Orchid Species, Bechtel, Cribb e Launert, publicado por MIT Press.
  • Williams, N. H. 1972. A reconsideration of Ada and the glumaceous brassias. Brittonia 24: 93–110.