Santiago Romay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Santiago Romay Lema
Nome completoSantiago Romay
Nacemento1983
LugarMalpica de Bergantiños, A Coruña, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor
Coñecido/a porSanti Romay
editar datos en Wikidata ]

Santiago Romay Lema, nado en 1983 en Malpica de Bergantiños, é un actor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É coñecido principalmente pola súa participación en diversas producións da TVG. A primeira delas foi Mareas vivas, na que estivo durante toda a serie (entre 1998 e 2002) interpretando o papel de Fito. Alí compartiu a maioría das súas escenas cos demais actores novos da serie, Tamara Canosa, Patricia Fernández Aufiero e, durante algúns capítulos, Martiño Rivas.

Pouco despois colaboraría nun capítulo da serie de Telecinco Hospital Central. Para ó ano seguinte incorporarse ó elenco de Miña sogra e máis eu, protagonizada por Ana Kiro e que non acadou o éxito agardado, non pasando da primeira entrega de capítulos.

En teatro traballou na obra Un país de comedia (2002), con Quico Cadaval, Ernesto Chao, Mabel Rivera e Carlos Blanco, tamén director da obra e co que coincidira en Mareas vivas. Blanco volveu a contar con el para o seu programa de late night Somos unha potenzia, emitido en 2006.

En 2006 compartiu escenario con Nerea Barros e Álvaro Guevara na montaxe teatral Yepeto. No mesmo ano protagonizaría xunto a Miguel Canalejo a curtametraxe Go 'el de Francisco Calvelo.

No 2008 actuou na serie Os Atlánticos, estreada pola TVG en xaneiro, co papel de Brais. En 2012 participou na serie Matalobos, como Antón.

No 2012 interpreta o papel de Bento na longametraxe Vilamor dirixida por Ignacio Vilar.

No 2013 interpreta o papel (principal) de Carlitos xunta a Carlos Blanco na webserie Clases de lo social, do director pontevedrés Pablo Cacheda, estreada o 19 de outubro dese mesmo ano. No ano 2014 continúa no mesmo rol na segunda tempada da devandita webserie.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]