Clases de lo social

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Clases de lo social foi unha webserie galega en lingua castelá, dirixida polo pontevedrés Pablo Cacheda. De formato comedia, ten un total de 13 episodios de entre 6 e 10 minutos de duración. A primeira temporada estreouse en outubro de 2013, e a segunda en outubro de 2014.

Características[editar | editar a fonte]

IES Sánchez Cantón, un dos escenarios da serie.

Está ambientada nun centro de ensino secundario e imaxina a existencia de clases sobre "o social". A idea orixinal provén da curtametraxe en galego Unhas clases do social a tempo, gravado en 2012.[1]

Está estruturada en dous espazos: as aulas onde se imparten as clases (parte gravada no IES Sánchez Cantón de Pontevedra) e as distintas situacións en si, protagonizadas por Santiago Romay e Sabela Arán. Na webserie aparecen coñecidos rostros do audiovisual galego como Carlos Blanco Vila, Xulio Abonjo, Monti Castiñeiras, Avelino González, Mayka Braña, Carolina Vázquez, Rubén Riós, David Amor ou David Perdomo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]