Santa Eulàlia, L'Hospitalet de Llobregat
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | L'Hospitalet de Llobregat | |||
Poboación | ||||
Poboación | 41.537 (2017) (25.482,82 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1,63 km² | |||
Santa Eulàlia é un barrio de L'Hospitalet de Llobregat, na provincia de Barcelona, o único que forma o distrito III. Limita ao leste coa cidade de Barcelona, coa que comparte a rúa Riera Blanca, ao norte co barrio de La Torrassa, ao oeste coas barrios de Sant Josep e Centre, e ao sur co barrio de El Gornal e o distrito económico Granvia L'H.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Este barrio é un dos núcleos históricos de L'Hospitalet, situado sobre o antigo poboamento de Provençana. O barrio nace na década de 1840 co crecemento de La Bordeta, o arrabalde de Sants que se estendía ao longo da estrada provincial (actuais rúas Constitució e Santa Eulàlia). A industrialización de Sants xerou a construción de casas de obreiros, obradoiros e fábricas, tamén na zona de poñente da Riera Blanca, fronteira entre os concellos. O barrio experimentou dende a década de 1990 unha gran transformación urbanística coa construción de equipamento urbano aproveitando terreos anteriormente dedicados á actividade industrial. A rúa de Santa Eulàlia e a Avinguda del Carrilet son os centros neurálxicos e de comunicación.
O barrio conta cunha escultura do artista Josep Maria Subirachs, Monument a l'Hospitalet de Llobregat, coñecida popularmente como "la Pinça" (a pinza), debido á seva peculiar forma, e que dá a benvida á cidade cando se entra pola estrada de La Bordeta. En realidade é unha alegoría ao escudo da cidade, formado polas catro barras catalás e a Cruz de Santa Eulàlia. Existe tamén unha igrexa de estilo románico do século XII, que leva o nome da santa que identifica o barrio, e que foi restaurada no século XVIII. Arredor da igrexa sitúanse as orixes da cidade. Está situada no extremo occidental do barrio.
Transporte público
[editar | editar a fonte]O barrio ten varias paradas do metro de Barcelona e unha dos ferrocarrís cataláns, Ildefons Cerdà i Europa | Fira. Tamén hai varios autobuses urbanos e interurbanos que circulan polas súas rúas.