El Gornal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEl Gornal
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°21′18″N 2°06′59″L / 41.355, 2.1164Coordenadas: 41°21′18″N 2°06′59″L / 41.355, 2.1164
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloL'Hospitalet de Llobregat Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie0,42 km² Editar o valor em Wikidata

Rúa do barrio

El Gornal é un barrio da cidade de L'Hospitalet de Llobregat, na provincia de Barcelona, que forma parte do Distrito VI xunto co limítrofe barrio de Bellvitge. Limita co barrio de Santa Eulàlia polo norte, Bellvitge polo oeste e co distrito económico Granvia L'H polo sur e leste. É un barrio con avenidas amplas e grandes zonas verdes.

Historia e características[editar | editar a fonte]

El Gornal está asentado en terras de cultivo, tamén chamadas de La Marina. Nestas zona confluían varios rieras, unha das cales dá nome ao barrio. No ano 1963 aprobouse a urbanización da zona e expropiáronse as casas das rúas Finestrelles e parte de Campoamor, coa oposición dos veciños. As primeiras casas déronse no ano 1974 aos veciños das rúas afectadas. No ano 1975, nas barriadas próximas de La Bomba e Can Pi houbo mobilizacións para conseguir os pisos de Gornal, e en pouco tempo concedéronse as chaves.

En 1976 xa estaba en funcionamento o colexio Pla de Llobregat e a parroquia e entregáronse as vivendas das torres de Vilanova e Carmen Amaya. Todo este proceso non foi sinxelo nin a gusto de todo o mundo: houbo desaloxos á forza dos expropiados e pisos novos, que non foron ocupados polos veciños aos que se lles concediron e que non fixeron uso deles, foron adxudicados polo Ministerio da Vivenda de forma legal aos novos veciños.

A primeira festa maior de El Gornal foi en outubro de 1977. Nese mesmo ano creouse o grupo de mayorettes e tamén o Casal de Xubilados. A principios da década de 1980 créase unha segunda fase de vivendas. En 1983 comeza a funcionar o consultorio da Seguridade Social e iníciase o plan urbanístico de El Gornal. Na entrega da segunda fase houbo varias discrepancias e actos reivindicativos debido á diferenza dos prezos dos pisos con respecto á primeira fase. No ano 1987 entra en funcionamento o "carrilet", a liña de tren de Ferrocarrils de la Generalitat. A primeira gardería empeza a funcionar no ano 1988. En abril de 1989 ponse en funcionamento os primeiros autobuses que comunican El Gornal cos demais barrios. En setembro dese mesmo ano inaugúrase o centro de asistencia primaria, e en outubro inaugúrase a parroquia Santa Maria del Gornal.

No 1991 inaugúrase o Centro Cívico, e en 1994 abren as galerías comerciais (Mercat de Gornal). Tamén nese mesmo ano ponse en marcha a terceira fase de construción de vivendas, que finalizou en 1997. Esta fase permitiu que o barrio se unise co resto da cidade e non quedase tan illado. O polígono Gornal converteuse en El Gornal a secas. En 1999 inaugurouse o Hotel de Entidades, que desapareceu en 2010.

En xaneiro do 2000, a comisión de afectados polos bloques deseñados polo arquitecto Ricardo Bofill calcula en 400 millóns de pesetas a contía en indemnizacións polos danos das vivendas. En 2002 iníciase a trasformación urbanística da Granvia entre a Plaça Cerdà e El Gornal. Desde o 2006 en El Gornal houbo grandes obras de mellora, entre elas o colector de augas que cruza todo o barrio, a remodelación da Granvia e o soterramento das vías para a chegada do AVE.

Hoxe día xa se pode ver a trasformación do barrio. Cabe destacar a Avinguda de Vilanova cunha gran zona de aparcadoiro, a Avinguda de la Granvia cun paseo axardinado en toda a súa lonxitude e carril bici, a remodelación da Rambla Carmen Amaya e a plaça d'Europa. Nas súas proximidades atópanse a cidade comercial e varios hoteis.

Transporte público[editar | editar a fonte]

Hai no barrio unha estación de FGC chamada Gornal, que ten correspondencia coa estación Can Tries|Gornal da liña 9 do metro de Barcelona. No límite co barrio de Bellvitge atópase a estación de Bellvitge de Renfe Operadora. Ademais os autobuses urbanos LH-1 e LH-2 e o metropolitano H12 teñen parada no barrio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]