La Torrassa
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | L'Hospitalet de Llobregat | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 44 ha | |||
La Torrassa é un barrio de L'Hospitalet de Llobregat, na provincia de Barcelona, que forma parte do Distrito II da cidade xunto con Collblanc. Limita cos barrios de Santa Eulàlia e Sant Josep polo sur, con Collblanc polo norte, e con La Florida polo oeste.
O barrio debe o seu nome ao castelo de Bellvís, unha torre de observación ou defensa dunha casa, que foi residencia do Barón de Maldà. Nas súas orixes, e polo tanto ao longo da súa historia, foi un núcleo vinculado a Collblanc. Hoxe, a praza Espanyola e o novo parque da Torrassa son o corazón deste barrio, e é onde se articula a festa maior ao principio de cada verán.
Ten unha extensión de 0,46 km² e tiña en 2010 unha poboación de 25.147 habitantes, sendo a súa densidade de 57.596 hab/km².
Transporte público
[editar | editar a fonte]Dispón de liñas de autobuses urbanos e interurbanos e dispón dunha estación do metro de Barcelona da liña 1 chamada Torrassa. O barrio verá ampliados os seus destinos posibles desde esta estación, cando entre en funcionamento o intercambiador coa liña 9 do metro e con Rodalies Barcelona, onde pararán trens das liñas de Martorell e Vilanova i la Geltrú.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Praza Espanyola