Centre, L'Hospitalet de Llobregat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°21′45″N 2°06′02″L / 41.362396, 2.100608

Barrios de L'Hospitalet

Centre é un barrio de L'Hospitalet de Llobregat, na provincia de Barcelona. Pertence ao Distrito I da cidade xunto cos barrios de Sant Josep e Sanfeliu. É un dos núcleos históricos da cidade, xunto co de Santa Eulàlia, e nel atopamos o Concello, o centro de actividades La Farga e parte dos equipamentos culturais, como o Museo de Historia, Can Sumarro e o Centro Cultural Barradas.

Limita cos barrios de Sanfeliu e Can Serra ao norte, con Bellvitge polo sur, con Sant Josep polo leste, e co municipio de Cornellà de Llobregat polo oeste. Ten unha superficie de 0,85 km² e tiña en 2006 unha poboación de 24.752 habitantes e unha densidade de 32.568 hab/km².

Características[editar | editar a fonte]

A Rambla de Just Oliveras é un dos espazos públicos máis destacados do barrio e de toda a cidade de L'Hospitalet. É un punto de encontro e unha das principais zonas de ocio. O paseo cruza o barrio de norte a sur e nel podemos atopar terrazas, o Auditorio Barradas e L'Acollidora.

Outros espazos do barrio son o parque de Can Boixeres, coroado por un palacio do século XVIII, a praza de Lluís Companys, inaugurada en 1998 e no límite da Rambla de Just Oliveras polo sur, ou tamén a praza de l'Ajuntament, un dos principais escenarios dos grandes eventos cidadáns e da Festa Maior, que se celebra cara a noite de San Xoán. No entorno desta praza atopamos o Mercado do Centre, a Igrexa de Santa Eulàlia, o colexio Tecla Sala e a Biblioteca Can Sumarro, ademais do Museo de Historia, a rúa Maior, e outros edificios e vías destacables na historia do barrio e da cidade.

Transporte público[editar | editar a fonte]

É un barrio ben comunicado por autobús, tanto urbanos como interurbanos, metro e ferrocarril. Atopamos nel a estación de L'Hospitalet de Llobregat de Rodalies Renfe, a estación Rambla de Just Oliveras da liña 1 do metro de Barcelona, e a estación de Avinguda Carrilet da liña 1 de metro e liña 8 de FGC.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]