Les Planes, L'Hospitalet de Llobregat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLes Planes, L'Hospitalet de Llobregat
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°22′05″N 2°06′34″L / 41.36802, 2.10935Coordenadas: 41°22′05″N 2°06′34″L / 41.36802, 2.10935
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloL'Hospitalet de Llobregat Editar o valor em Wikidata

Barrios de L'Hospitalet

Les Planes é un barrio de L'Hospitalet de Llobregat, na provincia de Barcelona, que forma parte do Distrito IV xunto co limítrofe barrio de La Florida. Limita tamén cos barrios de La Torrassa, Pubilla Cases, Can Serra e Sant Josep.

Historia e características[editar | editar a fonte]

É un barrio que naceu grazas á inmigración chegada na década de 1960 dende outras zonas de España. Caracterízase pola súa actividade comercial e as zonas de tapas arredor do tradicional Mercat dels Ocellets. A plaça Eivissa é un importante espazo de encontro, e o parque metropolitano de Les Planes é o máis extenso da cidade. Os principais eixos viarios son as avenidas de El Masnou e Miraflores, que son tamén importantes zonas comerciais.

Transporte público[editar | editar a fonte]

Está comunicado co resto da cidade grazas á rede de autobuses. Ademais hai unha estación do metro de Barcelona: Florida, da liña 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]