Figueiró, Tomiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «San Martiño de Figueiró»)
S. Martiño e S. Campio de Figueiró
Igrexa parroquial de San Martiño e San Campio.
ConcelloTomiño[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas41°57′50″N 8°46′21″O / 41.96396974, -8.772590932Coordenadas: 41°57′50″N 8°46′21″O / 41.96396974, -8.772590932
Poboación478 hab. (2022)
Entidades de poboación10[2][1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño e San Campio de Figueiró é unha parroquia do concello pontevedrés de Tomiño. Segundo o IGE,[3] en 2022 tiña 478 habitantes (235 homes e 243 mulleres). Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.[4]

Descrición[editar | editar a fonte]

Está a cinco quilómetros da capital do concello. Situada nas abas da serra de Argallo, a regan as augas do río Miño e varios regatos. A vía de comunicación principal é a estrada PO-552 (Vigo - Tui).

Localizáronse restos prehistóricos de cultura paleolítica e castrexa.

Da parroquia é natural o pintor Mario Rodríguez Gómez (1931-).[5]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Santa Arquelaida na ábsida.
Trala igrexa.

O Santuario de San Campio de Figueiró é o templo parroquial, amais de lugar de peregrinación.

Cruceiro de San Martiño, feito en 1875 por Xosé Antón Araújo Ramallosa, mestre de cantería natural de Vila Nova de Cerveira. Peto de Ánimas da Virxe do Carme[6] e Peto de Ánimas de Lago.[7]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Figueiró[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Figueiró no concello de Tomiño (Pontevedra)

A Centinela | Espiñeiro | Fonte | Igrexa | O Lago | Os Liñares | Os Muños | A Regueiriña | O Roque | A Tomada


Parroquias de Tomiño[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Tebra (Santa María) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]