Faro de Punta Atalaia
| Faro de Punta Atalaia | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Lieiro | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Mantido por
| |||||||||
| Dimensión | |||||||||
| |||||||||
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O faro de Punta Atalaia é un faro situado na costa cantábrica galega. Sitúase na punta Atalaia na costa de San Cibrao, parroquia de Lieiro, no concello de Cervo.
A súa aprobación data do 23 de xullo de 1861, non empezando a operar ata case tres anos despois, o 30 de maio de 1864, dentro de 'Plan general para el alumbrado marítimo de las costas y puertos de España'[1], acadando a súa luz as nove millas e prestando servizo ó porto, daquela con tráfico das fábricas de Sargadelos. Foi construído en forma cuadrangular, cunha torre de pedra tronco-cónica que mira ó norte, elevándose 37 m. sobre o nivel do mar. No ano 1927, a antiga torre foi substituída por unha de metal, e a lanterna por outra cilíndrica de 1,8 m de diámetro. Dous anos despois, a instalación dun gasóxeno permitiu acadar as 12 millas, e no 1953 electrificouse.
No presente, e a raíz da instalación da fábrica de alumina-aluminio, foi construído un novo faro no ano 1979, situado a beira do anterior, en formigón, elévandose 94 metros sobre o nivel do mar e cun un alcance de 20 millas.
Desde 1993 depende da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Desde 2008 é supervisado de xeito remoto.
Características
[editar | editar a fonte]| Faro de San Cibrao (Punta Atalaia) | |
| Código | D-1676 |
| Descrición | Torre Circular |
| Altitude | 14 m. |
| Características | Gp D (5) B 20s |
| Período | (0.3+<2.2>)*4+0.3+<9.7>=20 |
| Alcance | 20 millas náuticas |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Delegación (31/05/2017). "El faro de San Cibrao cumplió ayer 153 años desde que comenzó a funcionar en 1864". El Progreso - a Mariña.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pazos, Lino (2003). Faros de Galicia. Guías Galaxia. Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-636-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O faro de Punta Atalaia en Turgalicia
