San Bartolomé, Lanzarote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "San Bartolomé, As Palmas")
San Bartolomé
Escudo de San Bartolomé.svg
Localización
Lanzarote municipio San Bartolomé.svg
País España España
Comunidade autónoma Canarias Canarias
Provincia Provincia de Las Palmas - Bandera.svg As Palmas
Illa Flag of Lanzarote.svg Lanzarote
Xeografía
Altitude 240 msnm
Superficie 40,89 km²
Demografía
Poboación 18.468 hab. (2011)
Densidade 451,65 hab/km²
Outros datos
Código postal 35550
Alcalde Marcial Martín Bermúdez (PSOE)
www.sanbartolome.es

San Bartolomé é un municipio español pertencente á provincia das Palmas (Canarias). Está situado no centro da illa de Lanzarote. Neste municipio atópase o aeroporto da illa.

San Bartolomé atópase situado na parte central da illa de Lanzarote, nunha veiga protexida polos Morros e a montaña de Guaticea ao oeste e pola Montaña Mina ao leste. A súa historia, como corroboran certos xacementos arqueolóxicos, remóntase á época prehispánica. A partir do século XV, logo da conquista, empezaron a asentarse colonos no lugar e a finais do século XVIII xa tiña 144 veciños e podía presumir de parroquia e de casas señoriais. A súa localización privilexiada e a súa importancia agrícola fixo que, xa como municipio, seguise desenvolvéndose e crecendo durante os séculos XIX e primeira metade do XX. En tanto que os últimos vinte e cinco anos a nova base económica, en torno ao turismo, reconfigurou o panorama social, cultural e urbano da poboación.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]