Esporocarpo (fentos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Órganos e ciclo de vida dun fento típico

En botánica reciben o nome de esporocarpo certos receptáculos globosos ou reniformes que presentan os fentos da orde das salviniais ou hidropteridais.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo está formado pola unión dos elementos esporo- e -carpo, ambos tirados do grego antigo. O primeiro deriva de σπόρος sopóros, "semente", e o segundo de καρπός karpós, "froito". O termo fai alusión a un "froito esporóforo" (que procede dunha espora, non seminífero, é dicir, non dunha semente).[1]

Estrutura[editar | editar a fonte]

O esporocarpo está constituído por unha cuberta que, nuns casos, representa un lóbulo foliar transformado e, noutros, é homóloga a un indusio dentro da cal contén un ou varios soros. Nas marsileáceas, que presentan esporocarpos do primeiro tipo, cada un destes contén dous ou máis soros e macro e microsporanxios; está divididoen compartimentos e sustentado por un pedículo máis ou menoss longo que xorde da base dunha folla (fronde). Nas salviniáceas o esporocarpo non encerra máis que un soro, e este componse só de macro e micosporanxios; neste caso, como é natural, é unilocular. Os escporocarpos ábrense ao maduraren.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Font Quer 1993, p. 416.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]