Salgueiro Maia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Salgueiro Maia
Fernando José Salgueiro Maia.jpg
Nacemento1 de xullo de 1944
Lugar de nacementoCastelo de Vide
Falecemento4 de abril de 1992
Lugar de falecementoSantarém
Causacancro
SoterradoCastelo de Vide
NacionalidadePortugal
Ocupaciónmilitar
PremiosGrande-Oficial da Ordem Militar da Torre e Espada, Gran Cruz da Orde do Infante Don Enrique e Grã-Cruz da Ordem da Liberdade
editar datos en Wikidata ]

Fernando José Salgueiro Maia "O Pichita", nado en Castelo de Vide o 1 de xullo de 1944 e finado en Santarém o 4 de abril de 1992 foi un militar portugués, un dos capitáns que lideraron as forzas militares durante a Revolución dos caraveis, a cal determinou o final da ditadura salazarista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo do ferroviario Francisco da Luz Maia e de Francisca Silvéria Salgueiro. Foi á escola primaria de São Torcato, Coruche, para máis tarde trasladarse a Tomar e Leiria para rematar os seus estudos secundarios.

En 1964 ingresa na academia militar de Lisboa, e dous anos despois preséntase na Escola Pratica de Cavalaria (EPC). En 1968 estaba integrado na 9ª compañía de Comandos, na parte norte de Mozambique, loitando en plena Guerra colonial portuguesa. A súa participación valeulle o ascenso a capitán en 1970.

O mes de xullo seguinte embarca rumbo a Guinea, regresando a Portugal en 1973. A estas alturas inícianse as reunións clandestinas do Movimento das Forças Armadas, e Salgueiro Maia, como Delegado de Cavalaria, integra a Comissão Coordenadora do Movimento. O 16 de marzo de 1974 prodúcese o Levantamento das Caldas, que antece ao mítico 25 de abril no que se forzou a rendición de Marcelo Caetano. Así se reflicte na historia da EPC[1]:

Pela sua força em meios blindados coube à EPC na madrugada do dia 25 de Abril de 1974, marchar sobre Lisboa e ocupar o Terreiro do Paço e, posteriormente, cercar o Quartel do Carmo para obrigar o Chefe do Governo a render-se. Composta por 2 esquadrões, um de atiradores auto-transportados e outra de auto-metralhadoras, esta força era comandada pelo então Capitão Salgueiro Maia.

Despois do triunfo da revolución, non aceptou posto político ningún e continuou a súa carreira militar[2]. O 25 de novembro de 1975 é transferido ás Azores, para volver a Santarém en 1979, onde comandou o Presídio Militar de Santa Margarida. En 1984 regresa ao EPC. En 1989 foille diagnosticada unha doenza que pronto se traduciu en cancro. Foi intervido cirurxicamente en 1991, pero irremediabelmente morre o 4 de abril de 1992 vítima da enfermidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Páxina da EPC". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2016. Consultado o 15 de marzo de 2016. 
  2. Biografía de Salgueiro Maia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]