Sérgio Buarque de Hollanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sérgio Buarque de Hollanda
Sérgio Buarque de Holanda (1957).tif
Nacemento11 de xullo de 1902
Lugar de nacementoSão Paulo
Falecemento24 de abril de 1982
Lugar de falecementoSão Paulo
NacionalidadeBrasil
Alma máterFaculdade de Direito da Universidade Federal do Rio de Janeiro
Ocupaciónxornalista, historiador, escritor e crítico literario
PaiCristóvão Buarque de Hollanda
CónxuxeMaría Amélia Buarque de Hollanda
FillosAna de Hollanda, Chico Buarque, Miúcha, Cristina Buarque e Sergio Günther
PremiosPrêmio Jabuti
Sérgio Buarque de Holanda signature.jpg
editar datos en Wikidata ]

Sérgio Buarque de Hollanda (ás veces escrito de Holanda) é un historiador, crítico literario e xornalista brasileiro nado o 11 de xullo de 1902 en São Paulo e finado o 24 de abril de 1982 na mesma cidade. A súa obra ocupa un lugar importante na historiografía brasileira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de estudar Dereito na Universidade Federal do Río de Xaneiro, que rematou en 1925, pasou a ser xornalista (no Jornal do Brasil ) e despois correspondente en Berlín nos anos 1929-1931. Alí coñeceu a Max Weber, cuxa socioloxía tivo unha grande influencia nel.

De regreso a Brasil, en 1936 converteuse en profesor asistente de Henri Hauser no departamento de historia moderna e contemporánea da Universidade do Distrito Federal de Río (agora Universidade Estadual do Rio de Janeiro). Na época publicou a súa obra máis importante, Raízes do Brasil.

Na década de 1940, ensinou en varias universidades americanas, foi director do Instituto Nacional do Livro, director da Biblioteca Nacional do Brasil e director do Museu Paulista da Universidade de São Paulo (USP) e impartiu clases da historia económica do Brasil na Escola de Sociologia e Política de São Paulo.

Entre 1953 e 1955 ensinou na Universidade La Sapienza de Roma. En 1958, ocupou unha cátedra de Historia da Civilización Brasileira na Universidade de São Paulo e en 1962 dirixiu alí o Instituto de Estudos Brasileiros. Entre 1963 e 1967 ensinou nos Estados Unidos e Chile e participou en misións culturais en asociación coa UNESCO en Perú e Costa Rica.

En 1969, en solidariedade cos seus compañeiros docentes da USP vítimas da AI-5 (véxase Ditadura militar no Brasil), renunciou ao seu cargo, poñendo fin á súa carreira académica. En 1946, participara na creación do Partido Socialista Brasileiro e en 1980 na do Partido dos Traballadores.[1]

Casou con María Amélia Buarque de Hollanda, que foi coautora dalgunha das súas obras e tiveron sete fillos, catro deles son músicos recoñecidos (Chico Buarque, Miúcha, Ana de Hollanda e Cristina Buarque; tamén é avó da cantante Bebel Gilberto.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Raízes do Brasil, Río de Xaneiro, 1936. UNESCO/Gallimard.
  • Cobra de Vidro, São Paulo, 1944.
  • Monções, Río de Xaneiro, 1945.
  • Expansão Paulista em Fins do Século XVI e Princípio do Século XVII, São Paulo, 1948.
  • Caminhos e Fronteiras, Río de Xaneiro, 1957.
  • Visão do Paraíso. Os edênicos motivos no descobrimento e colonización do Brasil , São Paulo, 1959.
  • Do Imperio a República, São Paulo, 1972. (História Geral da Civilização Brasileira, Tomo II, vol. 5).
  • Tentativas de Mitologia, São Paulo, 1979.
  • Sergio Buarque de Hollanda: História, São Paulo, 1985.
  • O Extremo Oeste, São Paulo, 1986.
  • O espírito e a letra, 2 vol., São Paulo, 1996.
  • Para uma nova história, São Paulo, 2004

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Intelectuais Brasileiros & Marxismo: Sérgio Buarque de Holanda". www.marxists.org. Consultado o 2022-12-17. 
  2. "Sérgio Buarque de Hollanda". geni_family_tree (en inglés). Consultado o 2022-12-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]