Saltar ao contido

Ditadura militar no Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ditadura militar no Brasil
Brasil República (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    República Federativa do Brasil (pt)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
 Parte de
 Himno
Características
 Lingua oficial
 Lingua usada
 Moeda
Datas
 Data de comezo
1 de abril de 1964 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
1964 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1985 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Participou en
 Substitúe
República Nova (1945 - 1964) Editar o valor en Wikidata
 Substituído por
Localización
 País
 Capital
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
   71.694.810 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01181hkw Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A ditadura militar no Brasil foi instaurada o 1 de abril de 1964, após un golpe de estado das Forzas Armadas brasileiras, co apoio do goberno dos Estados Unidos contra o presidente João Goulart.

Manifestación durante a ditadura militar.
Monumento Tortura Nunca Mais homenaxe ás vítimas da ditadura militar de 1964-1985, en Recife.

O golpe militar foi liderado por José de Magalhães Pinto, Adhemar de Barros e Carlos Lacerda, entón gobernadores dos estados de Minas Xerais, São Paulo e Guanabara.

O golpe foi planeado e iniciado polos mandos do exército brasileiro e contou co apoio de case todos os membros de alto rango do exército, xunto coa Igrexa católica e os anticomunistas. Foi apoiado polo Departamento de Estado dos Estados Unidos a través da súa embaixada en Brasilia.[1] [2]

Duración e represión

[editar | editar a fonte]

A ditadura brasileira durou 21 anos, até o 15 de marzo de 1985.[1] [2]

Artistas brasileiras protestando contra a ditadura militar. Na imaxe, Tônia Carreiro, Eva Wilma, Odete Lara, Norma Bengell e Cacilda Becker

A ditadura censurou todos os medios de comunicación, e torturou e exiliou aos disidentes. João Figueiredo chegou a presidente en marzo de 1979; nese mesmo ano aprobou a Lei de Amnistía polos delitos políticos cometidos a favor e en contra do réxime.

O goberno militar do Brasil foi un modelo para outros gobernos militares en América do Sur e América Latina.[3] En 2014, case 30 anos despois da caída do réxime, o exército brasileiro recoñeceu por primeira vez a tortura e o asasinato de disidentes políticos.[4] En maio de 2018, o goberno dos Estados Unidos publicou un memorando, escrito por Henry Kissinger, no que confirmaba que o liderado do réxime militar brasileiro estaba plenamente consciente do asasinato de disidentes.[5] Dise que 434 persoas foron confirmadas mortas ou desaparecidas e 20.000 persoas foron torturadas[6] durante a ditadura militar no Brasil.

Fin da ditadura

[editar | editar a fonte]

O presidente João Figueiredo finalmente impulsou o país á democracia e apoiou a transferencia do poder ao goberno civil. En 1981 o Congreso promulgou unha lei sobre a restauración das eleccións directas dos gobernadores estatais. Tancredo Neves foi elixido por un colexio electoral para substituír a Figueiredo en 1984.

  1. 1 2 "Document No. 12. U.S. Support for the Brazilian Military Coup d’État, 1964; Secretary of State Dean Rusk, Outgoing Telegram to Ambassador Lincoln Gordon,”" (PDF). 31 de marzo de 1964. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de marzo de 2020. Consultado o 17 de decembro de 2022.
  2. 1 2 Blakeley, Ruth. State Terrorism and Neoliberalism. The North in the South. p. 94. ISBN 978-0-415-68617-4.
  3. "Brazil-shatters-its-wall-silence-past". ictj.org. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2013. Consultado o 17 de decembro de 2022.
  4. "Em-documento-forças-armadas-admitem-pela-primeira-vez-tortura-mortes-durante-ditadura". Oglobo.globo.com (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2022. Consultado o 17 de decembro de 2022.
  5. "Documento da CIA relata que cúpula do Governo militar brasileiro autorizou execuções". brasil.elpais.com.
  6. "Human Rights Watch: ditadura no Brasil torturou 20 mil pessoas; 434 foram mortas ou desapareceram". Estadão (en portugués). Consultado o 2022-12-17.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]