Saltar ao contido

Río Parga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parga
Ponte de Santo Alberte, en San Breixo de Parga.
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoXunta dos regos da Fábrica e da Fraga, preto de Santo Estevo [1]
Altitude548 m
DesembocaduraRío Ladra
Cadea fluvialRío Parga,
Río Ladra,
Río Miño
Conca do río Miño no territorio galego

O río Parga é un curso fluvial da Terra Chá. Nos terreos cuaternarios de Begonte, preto da aldea de Insua, desemboca no río Ladra, á súa vez afluente do río Miño.

Atravesa as parroquias de Rocha, Roimil, Carlín, Bra e Seixón (Friol), Mariz, Santa Locaia, Santo Estevo e San Breixo de Parga e Roca (Guitiriz), e Baamonde, Bóveda e San Martiño de Pacios (Begonte).

O Parga posúe diversas fontes, que veñen de drenar a vertente nororiental da Serra da Cova da Serpe e do Cordal de Montouto, ademais de recoller as augas do Cordal de Ousá.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo Parga podería ter orixe na forma prelatina *Parrika, referida a un curso fluvial con abundancia de troitas ou salmóns, ou quizais na voz *parrik-, referida a un curral, que deu na actual voz parga.[2] Á súa vez, o río deulle nome ás parroquias de Parga, San Breixo de Parga, San Salvador de Parga, Santa Cruz de Parga, Santa Locaia de Parga e Trasparga, parroquias do concello de Guitiriz, así como ao lugar da Pobra de Parga.

Xunta dos ríos Parga e Ladra.

A súa cabeceira xorde da confluencia dos regatos Carral, A Fábrica e Fraga, preto da parroquia de Nodar (Friol), que descenden do Cordal de Vilarelle, formando un curso estable que comeza o seu percorrido por terras de Parga e Guitiriz. É neste último concello onde se lles une un dos seus afluentes principais, o río Boedo, cuxos nacentes recollen as augas do Cordal de Montouto, coa axuda dos seus numerosos afluentes. Máis adiante, preto xa de Baamonde, recibe pola súa esquerda ó Roca ou Requeixo.

Outros afluentes pola esquerda son os de Porta da Veiga, Portocando, Ponte Saltillo, Portoscarros, Ladroil, Blanqueño e Vilaflores; e pola dereita son o Lavandeira, Portaxesta, Portafontao, Sambreixo, Medo e Ameneiro.

Ao seu paso pola localidade de Baamonde, encóntrase unha praia fluvial ao lado dun muíño e unha presa que fai de piscina natural para os bañistas.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Cabeceiras do río Parga:

  1. Rego da Fábrica[1] (desemboca en Santo Estevo pola marxe esquerda).
  2. Rego da Fraga[1] (desemboca en Santo Estevo pola marxe dereita).

Afluentes do río Parga por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:

  1. Rego de Roimil[1] (desemboca en Roimil pola marxe dereita).
  2. Río do Porto[1] (desemboca fronte a Bra pola marxe dereita).
  3. Rego da Besta[1] (desemboca preto de Piñeiro pola marxe dereita).
  4. Rego da Ponte da Veiga[1] (desemboca preto de Piñeiro pola marxe esquerda).
  5. Rego da Ponte do Río[1] (desemboca preto do Curral da Fonte pola marxe esquerda).
  6. Rego da Ponte Saltiño[1] (desemboca preto da Pontella pola marxe esquerda).
  7. Rego de Portoscarros[1] (desemboca preto de Portoscarros pola marxe esquerda).
  8. Río Saa[1] (desemboca en Saa pola marxe dereita).
  9. Rego de Portaxestas[1] (desemboca preto de Saa pola marxe dereita).
  10. Río Ladroil[1] (desemboca fronte a Ferreira pola marxe esquerda).
  11. Regato do Porto[1] (desemboca na Pobra de Parga pola marxe esquerda).
  12. Rego de Portofontao[1] (desemboca preto da Ponte pola marxe dereita).
  13. Rego de Blanqueno[1] (desemboca entre a Pobra de Parga e Prado pola marxe esquerda).
  14. Rego de Toar[1] (desemboca fronte a Prado pola marxe dereita).
  15. Río do Requeixo[1] (desemboca en Alto de Roca pola marxe esquerda).
  16. Rego da Viña[1] (desemboca preto do Rego da Viña pola marxe dereita).
  17. Regueiro de Roca[1] (desemboca preto de Alto de Roca pola marxe esquerda).
  18. Rego Valbón[1] (desemboca en Santo Alberto pola marxe dereita).
  19. Rego do Penedo da Perdiz[Cómpre referencia] (desemboca preto de Santo Alberto pola marxe esquerda).
  20. Rego da Serra Gorda[Cómpre referencia] (desemboca preto de Santo Alberto pola marxe dereita).
  21. Rego do Penedo dos Torreiros[Cómpre referencia] (desemboca preto de Begonte pola marxe esquerda).
  22. Rego de Riocovo[Cómpre referencia] (desemboca en Begonte pola marxe esquerda).
  23. Rego de Vilaflores[1] (desemboca en Baamonde pola marxe esquerda).
  24. Rego de Porto Landeira[1] (desemboca en Vilariño pola marxe dereita).
  25. Rego de Rega[1] (desemboca en Vilasuso pola marxe esquerda).
  26. Rego de Bocacarreira[Cómpre referencia] (desemboca preto de Bocacarreira pola marxe dereita).
  27. Rego de Terrío[1] (desemboca preto de Insua pola marxe dereita).
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 Instituto Geográfico Nacional de España. "Iberpix. Buscar Santo Estevo (entidad singular) en Friol" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de cartografía raster do IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 15/09/2017. 
  2. Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega. p. 64. ISBN 978-84-947823-2-9. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]