Rose Cleveland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRose Cleveland

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1846 Editar o valor em Wikidata
Buffalo, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte22 de novembro de 1918 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Bagni di Lucca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Gripe de 1918 e Gripe Editar o valor em Wikidata)
Primeira dama dos Estados Unidos
4 de marzo de 1885 – 2 de xullo de 1886
← Mary Arthur McElroy (pt) TraducirFrances Cleveland (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAltruísmo, historia e literatura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , escritora , mestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaEvangeline Marrs Whipple (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisRichard Falley Cleveland (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Anne Neal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsStephen Grover Cleveland Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Cleveland-460 Find a Grave: 199466633 Editar o valor em Wikidata

Rose Elizabeth ”Libby” Cleveland, nada en Buffalo o 13 de xuño de 1846 e finada en Bagni di Lucca o 22 de novembro de 1918, foi a Primeira Dama dos Estados Unidos dende 1885 a 1886, durante o primeiro mandato do seu irmán, o presidente Grover Cleveland. O presidente estaba solteiro ata que casou con Frances Folsom o 2 de xuño de 1886.[1]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Rose Cleveland

Rose Elizabeth Cleveland naceu en Fayetteville, Nova York, o 14 de xuño de 1846. Coñecida pola súa familia como "Libby", Rose era a máis nova dos nove fillos de Richard Falley Cleveland e Ann Neal Cleveland. En setembro de 1853, a familia mudouse a Holland Patent, Nova York, onde o seu pai acababa de ser nomeado pastor da igrexa presbiteriana. El morreu o mes seguinte, cando Rose tiña sete anos.

Rose ficou en Holland Patent para ocuparse da súa nai viúva. Grover Cleveland, o irmán máis vello de Rose, tiñas 16 anos nese tempo e estaba determinado a axudar a súa familia. El deixou a escola e foi á cidade de Nova York para traballar como profesor na Escola Estatal para Cegos. Rose foi educada en Houghton Seminary en Clinton, Nova York onde máis tarde se converteu en profesora para axudar tamén ela á súa nai.

Rose tamén deu clases no Collegiate Institute de Lafayette, Indiana, e nunha escola de mozas en Muncy, Pensilvania, onde ensinou a finais da década de 1860. No Muncy Seminary Rose foi coñecida pola súa personalidade forte e a súa independencia.

Rose gañou un alcume dentro do seu círculo de amigos en Muncy; chamárona o seu "Johnny Cleveland" porque era normal atopala lendo un libro baixo unha vella árbore nunha granxa próxima. Rose entón preparou un curso de conferencias históricas; unha conferencia, en particular, centrado na fe altruísta, que deu perante os estudantes de Houghton Seminary e noutras escolas.

Na década de 1880 Rose volveu a Holland Patent para coidar a súa nai. Durante ese tempo deu clases na escola dominical e fixo algúns traballos literarios. Cando non estaba ocupada deste xeito, dedicábase á súa nai ata a morte dela en 1882. Despois de que Ann Neal Cleveland morrese, Rose ficou soa no casarío coñecido como "The Weeds". Rose continuou a ensinar na escola dominical e a dar conferencias.

Anos na Casa Branca[editar | editar a fonte]

Cando o seu irmán Grover Cleveland se converteu no 22.º presidente dos Estados Unidos en marzo de 1885, Rose asumiu os deberes de Primeira Dama e viviu na Casa Branca durante dous anos. Estivo de pé co seu irmán durante a súa inauguración e foi a anfitrioa durante os seus anos de solteiro na Casa Branca.

Durante os seus primeiros tempos como Primeira Dama, apareceu na portada de The New York Times pola súa aparencia durante a súa segunda recepción na Casa Branca. O xornal informou de que Cleveland levaba un vestido de satén negro con encaixe español transparente que amosaba os seus ombreiros e brazos. Porén, Rose Cleveland non se adaptou completamente á alta sociedade de Washington. Rose era unha intelectual, e prefería a lectura ao entretementos, aínda que se esforzou nos seus deberes como Primeira Dama como favor ao seu irmán.

Cando o presidente Cleveland casou con Frances Folsom, Rose deixou a Casa Branca e comezou unha carreira na educación. Converteuse en directora do Collegiate Institute de Lafayette, Indiana, en escritora e en profesora universitaria, ademais de editora da revista de Chicago Literary Life.[2]

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Evangeline Marrs Whipple

Aos 44 anos, iniciou unha relación lésbica cunha rica viúva, Evangeline Marrs Simpson, con correspondencia explicitamente erótica.[3] O ton das súas letras baixou cando Evangeline casou cun bispo episcopaliano de Minnesota, Henry Benjamin Whipple, a pesar das protestas de Cleveland.[4]

Cemiterio inglés, Bagni di Lucca, Italia

Após o pasamento de Whipple en 1901, as dúas mulleres retomaron a súa relación e finalmente, en 1910, mudáronse a Bagni di Lucca (Italia) para vivir xuntas.[4] Compartiron a casa coa ilustradora e artista inglesa Nelly Erichsen. Rose morreu na casa en novembro de 1918, ás 19:32 por mor da gripe de 1918. Foi enterrada no cemiterio inglés da localidade; Evangeline tamén foi enterrada con Rose no mesmo cemiterio 12 anos máis tarde.[2][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Frances Cleveland Biography :: Rose Elizabeth Cleveland". firstladies.org (en inglés). National First Ladies' Library. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2018. Consultado o 4 de xuño de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Lillian Faderman, Odd Girls and Twilight Lovers: A History of Lesbian Life in Twentieth-Century America, Penguin Books Ltd, 1991, p. 32
  3. Brockwell, Gillian (2019-06-20). "A gay first lady? Yes, we’ve already had one, and here are her love letters.". The Washington Post. Consultado o 2019-06-21. 
  4. 4,0 4,1 Solly, Meilan (2019-09-21). "New Book Chronicles First Lady Rose Cleveland’s Love Affair With Evangeline Simpson Whipple". Smithsonian. Consultado o 2019-06-21. 
  5. Simpson Whipple, Evangeline Marrs (1930-09-01). "Evangeline Whipple". In honor of the people. Consultado o 2016-09-07. 
  6. New Book Chronicles First Lady Rose Cleveland’s Love Affair With Evangeline Simpson Whipple Smithsonian Magazine
  7. Rose Elizabeth Cleveland: First Lady and Literary Scholar by Sirpa Salenius

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hardy, Rob. "The Passion of Rose Elizabeth Cleveland." New England Review 28.1 (2007): 180, 193, 207
  • Lillie, Lucy C. "The Mistress of the White House." Lippincotts Monthly Magazine 1887: 81–94
  • "Society Stars." Boston Daily Globe (14 de marzo de 1886): 4.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]