Ronald Evans
Ronald Evans | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 10 de novembro de 1933 |
Lugar | St. Francis |
Falecemento | 7 de abril de 1990 |
Actividade | |
Misións | Apollo 17 |
Tempo no espazo | 12,58 días |
Premios | Medalla do Aire, United States Astronaut Hall of Fame e Medalha de Serviço Distinto da NASA |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ronald Ellwin Evans Jr., nado en St. Francis (Kansas) o 10 de novembro de 1933 e finado o 6 de abril de 1990 en Scottsdale (Arizona), foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión Apollo 17. Pasou un total de 12,58 días no espazo.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Evans graduouse en enxeñería eléctrica pola Universidade de Kansas en 1956, e era máster en enxeñería aeronáutica pola Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos en 1964.[1][2]
Evans foi un dos 19 astronautas seleccionados pola NASA en 1966. Cando foi notificado estaba de servizo no Pacífico, a bordo do portaaeronaves USS Ticonderoga. Evans formou parte das tripulacións de apoio das misións Apollo 7 e Apollo 11 e foi reserva do piloto do módulo de mando para Apollo 14. Finalmento voou como piloto do módulo de mando na misión Apollo 17, que despegou o 6 de decembro de 1972 e rematou o 19 de decembro. Posteriormente foi piloto de reserva para a misión ASTP.[1][2]
Evans retirouse da NASA en marzo de 1977 para traballar como executivo na industria do carbón. Faleceu o 7 de abril de 1990.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2019). "Evans, Ronald Ellwin Jr 'Ron'" (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 NASA, ed. (abril de 1990). "RONALD E. EVANS (CAPTAIN, USN RET.)NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 21 de marzo de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ronald Evans ![]() |