Proxecto de probas Apollo-Soiuz
O proxecto de Probas Apolo-Soyuz (Apollo-Soyuz Test Project) foi a primeira misión espacial tripulada internacional, levada a cabo pola Unión Soviética e os Estados Unidos, e durante a cal a Soiuz 19 e a Apolo 111 permaneceron unidas en órbita.
Características
[editar | editar a fonte]A misión, que tivo lugar despois de que os Estados Unidos gañaran a carreira cara a Lúa, serviu para achegar politicamente ás dúas superpotencias. Previamente descartouse unha misión na que estivesen implicadas as estacións espaciais Skylab ou Saliut. Para o acoplamento entre as dúas naves construíuse un adaptador especial que pretendía funcionar como sistema de axuda entre naves en caso de que unha misión de calquera dos dous países estivera en perigo no espazo.
Os primeiros contactos para o que sería o xerme da misión tiveron lugar en 1969 e en outubro de 1970 estableceuse un grupo de traballo que conseguiría que en maio de 1972 se firmase un acordo para que a misión tivera lugar en 1975.
O 15 de xullo despegou a nave Soiuz 19 con Leonov e Valeri Kubasov a bordo, e unhas horas despois a Apolo 111, con Vance Brand, Deke Slayton e Thomas Stafford a bordo. Durante o día seguinte as naves manobraron nas súas respectivas órbitas para ir achegándose, ata que ás 11:10 GMT do 17 de xullo as dúas naves acopláronse. Stafford pasou 7 horas e 10 minutos na Soiuz, e Brande e Slayton 6 horas 30 minutos e 1 hora e 35 minutos respectivamente, mentres que Leonov pasou na nave Apolo 5 horas e 43 minutos e Kubasov 4 horas e 57 minutos.
Tras case 44 horas unidas as naves desacopláronse para facer un experimento no que a Apolo alonxouse uns 50 metros e tapou o Sol desde o punto de vista da Soiuz para que esta puidese fotografar a coroa solar, despois do cal as naves volvéronse a acoplar. Tres horas despois desacopláronse definitivamente, manténdose un rato a 40 m de distancia entre elas para facer un experimento de observación no ultravioleta. A partir de entón cada nave seguiu a súa misión por separado, facendo diversos experimentos.
A nave Soiuz 19 tomou terra o 21 de xullo de 1975 ás 10:51 GMT sen novedade a 87 km de Arkalyk.
A nave Apolo amarou o 24 de xullo de 1975 ás 21:18 GMT a 7,3 km do buque New Orleans. Debido a un fallo da cápsula, unha vez na atmosfera, o interior viuse inundado de gases procedentes dos condutos de propelente, case afogando á tripulación, que unha vez no mar conseguiu ventilar a cabina e que lles custou un par de semanas de ingreso hospitalario.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Proxecto de probas Apollo-Soiuz |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 19" (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2018.
- N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "APOLLO 18" (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2018.
- Mark Wade (2017). "Apollo (ASTP)" (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2018.
- "Letter dated 26 September 1975 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (75-19689). 30 de setembro de 1975: 2. Consultado o 28 de maio de 2018.
- "Letter dated 18 November 1975 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (75-26865). 2 de decembro de 1975: 2. Consultado o 28 de maio de 2018.
- Claude Lafleur (2018). "Apollo ASTP" (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2018.
- Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 16, 19 (7K-TM, 11F615A12)" (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2018.
- Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Apollo 201, 202, 4 - 17 / Skylab 2, 3, 4 / ASTP (CSM)" (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2018.
- NASA (21 de marzo de 2017). "ASTP-Soyuz" (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2018.
- NASA (21 de marzo de 2017). "ASTP-Apollo" (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2018.