Saltar ao contido

Apollo 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Apollo 7
Insignia da misión
Insignia da misión
Datos da misión
Misión: Apollo 7
Nome dos módulos: Módulo de mando:
Apollo 7
Rampla de lanzamento: Centro Espacial Kennedy, Florida
LC 39A
Engalaxe: 11 de outubro de 1968
15:02:45UTC
Amaraxe: 22 de outubro de 1968
11:11:48 UTC
27°38′N 64°09′O / 27.633, -64.150
Duración: 10 d 20 h 9 min 3 s
Número de órbitas: 163
Apoxeo: 297 km
Perixeo: 231 km
Período: 89,78 min
Inclinación orbital: 31,63º
Masa: CSM: 14.781 kg
Foto da tripulación
E-D: Eisele, Schirra e Cunningham
E-D: Eisele, Schirra e Cunningham
Outras misións
Anterior misión Seguinte misión
Apollo 6 Apollo 8

O Apollo 7 foi o cuarto voo espacial do programa norteamericano Apollo (denominado oficialmente AS-205), lanzado o día 11 de outubro de 1968 mediante un foguete do tipo Saturno IB e coa primeira tripulación composta polos astronautas Walter M. Schirra -comandante-, Donn F. Eisele e Walter Cunningham.

A terra vista desde o Apollo 7.

A nave foi posta nunha órbita de aparcadoiro (entre 230 e 285 km de altura) e durante as 163 órbitas á Terra comprobouse o funcionamento da cápsula espacial C.M. e do módulo de servizo, así como os sistemas de comunicacións.

Tamén se probou un atraque espacial coa terceira fase do foguete Saturno, á que se achegou ata estar a uns 15 metros de distancia, simulando así a unión co módulo lunar.

Durante o voo acendeuse o motor principal en oito ocasións para efectuar correccións de traxectoria, e realizouse en directo a primeira transmisión das manobras realizadas, que puideron ver na Terra millóns de persoas.

Tras 10 días de misión, a amaraxe efectuouse o 22 de outubro de 1968 a menos de 15 quilómetros do lugar previsto para o seu descenso, a 7 mn (13 km) ao norte do buque de recuperación designado, o USS Essex. O voo durou 260 horas, 8 minutos e 58 segundos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]