Román, Vilalba
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Galicia | |||
| Provincia | provincia de Lugo | |||
| Concello | Vilalba | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 353 (2022) | |||
| Código INE | 27065210000 | |||
Santalla de Román é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE[1], en 2024 tiña 353 habitantes (181 homes e 172 mulleres).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está localizada entre as estradas de Mondoñedo e Meira e crúzana a de Moscarán a Goiriz e a de Vilalba a Árbol.
Da mesma maneira que Goiriz, a parroquia está dividida en roldas, unha división creada polos veciños para a organización das festas. A repartición dos lugares nas roldas é o seguinte:
- A Rolda da Abelaira[2]: A Abelaira, Pedrouzo, Roidíaz e Romariz.
- A Rolda de Arriba[3]: A Carboeira, Os Carrís, Cartemil, Fontemarín, A Fraguella, Leboreiro, Sande e Vilafurada.
- A Rolda de Seivane[4]: Os Aneirós, Bouzamelle, A Casería, O Foxo e Seivane.
- A Rolda do Medio[5]: Alfaiate, Locencia, Murazó, O Pazo, O Valiño e Xunto á Irexa.
Historia
[editar | editar a fonte]Na parroquia quedan varios vestixios da cultura castrexa, e tamén aparece mencionada nun documento do século X e noutro de 1286.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Os numerosos cruceiros que se atopan na parroquia dan boa conta da tradición do oficio de canteiro que dende o século XVII hai nestas terras.
Demografía
[editar | editar a fonte]| Gráfica de evolución demográfica de Román entre 2000 e 2020 |
![]() |
| Datos segundo o IGE.[1] |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Detalle do cemiterio
-
Antiga escola (1927)
-
Vista interior do recinto do cemiterio-igrexa
-
Entrada ao recinto cemiterio-igrexa
-
Exterior do conxunto igrexa-cemiterio
-
Terreo comunal
-
Fachada da igrexa
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Román
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Román no concello de Vilalba (Lugo) | |
|---|---|
|
A Abelaira | Alfaiate | Ameneira | Os Aneirós | A Bardela | Bouzamelle | As Carballas | A Carboeira | Os Carrís | Cartemil | A Casería | Fistela | Fontemarín | A Fraguella | Leboreiro | Locencia | Marcoi | Murazó | O Pazo | Pedrouzo | Roidíaz | Romariz | San Fiz | Seivane | O Valiño | Vilafurada | Xunto á Irexa |
Parroquias de Vilalba
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de agosto de 2025.
- ↑ "A Rolda da Abelaira - 38274000179184". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2025-08-02.
- ↑ "Explora e colabora". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2025-08-02.
- ↑ "A Rolda de Seivane - 38274000179321". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2025-08-02.
- ↑ "A Rolda do Medio - 38274000179320". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2025-08-02.

