Saltar ao contido

Belesar, Vilalba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBelesar, Vilalba
Imaxe

Localización
Mapa
 43°16′49″N 7°45′25″O / 43.280361, -7.756835
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Lugo
ConcelloVilalba Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación293 (2022) Editar o valor en Wikidata
Código INE27065030000 Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 85006

San Martiño de Belesar é unha parroquia do concello de Vilalba, na provincia de Lugo. Segundo o IGE[1], en 2022 tiña 293 habitantes (141 homes e 152 mulleres), distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 484 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O territorio da parroquia está atravesado polos ríos Labrada e Sivela que se unen na Ponte de Pazos, e o de Ferreiroa. Forman vales abruptos e entre eles zonas de montes toxais, uceiras e xestas, con escaso arborado. Sobre o río Labrada ten as pontes de Meire, Pazos, Gondeboi, das Baionas e Ponte Pedrouzos.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Gráfica de evolución demográfica de Belesar entre 2000 e 2020
Datos segundo o IGE.[1]

Hai tres festas tradicionais. A finais de maio ou comezos de xuño celébrase o Corpus Christi, na que se celebran as primeiras comuñóns. A finais de setembro celébrase a festa do Anxo, con merendas campestres familiares. O 11 de novembro celébrase San Martiño, patrón da parroquia.

Arqueoloxía

[editar | editar a fonte]

No seu territorio atópase o castro de Belesar.[2][3]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Belesar

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Belesar no concello de Vilalba (Lugo)

Aldea | A Atadoira | Baltar | Os Barreiros | Cabanamille | A Cabanela | Caivanca | O Camiño Real | Campello | Cascudo | O Cordal | A Crucitaria | A Currela | O Espiño | A Ferreiroa | A Folgada | O Fontao | As Forcadas | Lagares | Len | Meire | Montaña | O Outeiro | Pedrapicada | A Penadanta | Penarredonda | Pereira | Perrodríguez | A Picheira | Reboutas | A Reibocha | A Riba | A Ribeira | Sande | Santoro | Vilanova | Vilasilvestre

Parroquias de Vilalba

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Vilalba

Alba (San Xoán) | Árbol (San Lourenzo) | Belesar (San Martiño) | Boizán (Santiago) | Carballido (Santa María) | Codesido (San Martiño) | Corvelle (San Bartolomeu) | Distriz (San Martiño) | Goiriz (Santiago) | Gondaísque (Santa María) | Insua (San Bartolomeu) | Ladra (San Salvador) | Lanzós (San Martiño) | Lanzós (San Salvador) | Mourence (San Xiao) | Nete (San Cosme) | Noche (San Martiño) | Oleiros (San Mamede) | Rioaveso (San Xurxo) | Román (Santalla) | Samarugo (Santiago) | San Simón da Costa (San Simón) | Sancovade (Santiago) | Santaballa (San Pedro) | Soexo (Santa María) | Tardade (Santa María) | A Torre (Santa María) | Vilalba (Santa María) | Vilapedre (San Mamede) | Xoibán (San Salvador)


  1. 1,0 1,1 IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  2. "Castro de Belesar". OpenStreetMap. Consultado o 2019-12-25. 
  3. "Visor SigPac". sigpac.magrama.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]