Oleiros, Vilalba
Coordenadas: 43°15′18″N 7°38′12″O / 43.2550027, -7.636572
Oleiros | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial. | |
Concello | Vilalba[1] |
Provincia | Lugo |
Poboación | 345 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 31[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Mamede de Oleiros é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2008 contaba cuns 450 habitantes repartidos en 31 entidades de poboación.
Xeografía[editar | editar a fonte]
A parroquia esténdese dende Noche e Nete polo oeste, ata a estrada de Vilalba a Cospeito e a parroquia de Rioaveso.
En Oleiros, denominada tamén como Somede, xunto con Sancovade e superado o val de Ladra, é onde comeza a chaira que da nome á comarca.
Economía[editar | editar a fonte]
Na parroquia existiu unha industria de cerámica popular, de onde procede a súa denominación. Conta cunha queixeria de San Simón coa súa correspondente denominación de orixe, unha panaderia, unha carpinteria e diversos comercios que dan traballo a veciños desta parroquia.
Conta ademais coa empresa "Capones Aurora", propiedade da señora que lle da nome, empresa pioneira na distribución de capóns durante todo o ano, actualmente vangarda na distribución e venda do capón, tanto na época do Nadal como no resto do ano. A empresa obtivo diversos premios e galardóns.
Historia[editar | editar a fonte]
En Oleiros editouse o periódico La Voz de Oleiros entre 1922 e 1925.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Restos prehistóricos e da época romana no Castro. A parroquia aparece mencionada nun documento de 1213 como San Mammes de Ollariis e en 1407 como o Coto de Oleiros.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Oleiros[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Oleiros no concello de Vilalba (Lugo) | |
---|---|
Abeledo | Abrigueiro | Agadín de Abaixo | Agadín de Arriba | Amido | A Barrosa | Os Boizás | Cabanas | Cal da Pena | Carballo | O Carboeiro | Carracedo | Carreiranova | As Casas Novas | O Castro | Escadavada | Ferradás | Fonteverde | Os Foxos | Os Gardados | Gardamil | A Granda | Liñares | O Outorelo | Pedrido | A Raña | A Roza | O Salgueiro | O Sanchón | Vilanune | Vilariz |
Parroquias de Vilalba[editar | editar a fonte]