Rodrigo Gil de Hontañón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRodrigo Gil de Hontañón

Casa de los Guzmanes de León.
Hoxe sede da Deputación provincial.
Biografía
Nacemento23 de febreiro de 1500 Editar o valor em Wikidata
Rascafría Editar o valor em Wikidata
Morte31 de maio de 1577 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Segovia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
MovementoPlateresco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiJuan Gil de Hontañón (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJuan Gil de Hontañón (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Rodrigo Gil de Hontañón, nado en Rascafría o 23 de febreiro de 1500 e finado o 31 de maio de 1577en Segovia, foi un arquitecto renacentista considerado como un dos mellores arquitectos españois do século XVI. Seu estilo persoal influíu na obra de arquitectos modernos como Antonio Palacios. A súa obra simboliza a coexistencia entre o gótico tardío e o clasicismo renacentista e, ao mesmo tempo, a superación en España do medievalismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Colexiata de Santa María de Vilafranca do Bierzo

Rodrigo Gil de Hontañón naceu en 1500 en Rascafría no seo dunha familia dedicada á arquitectura e á construción. Era fillo do mestre canteiro trasmierán Juan Gil de Hontañón, e irmán de Juan Gil de Hontañón, "o Mozo", aínda que Rodrigo sobresaíu con respecto aos anteriores.[1][2]

Nos seus primeiros anos traballou canda seu pai, co que colaborou en obras como a Catedral de Valladolid en 1527.[3] En 1533 realizou a súa primeira obra individual, a Colexiata de Santa María de Vilafranca do Bierzo, cunha decoración propia do plateresco. Sucedeu a seu pai en 1526 na dirección das obras da Catedral de Segovia, da que foi Mestre Maior e, así mesmo, foino da Catedral Nueva de Salamanca a partir de 1538.

Fachada do Colegio Mayor de San Ildefonso, actualmente sede da Universidade de Alcalá de Henares, a obra máis coñecida de Rodrigo Gil de Hontañón

A súa importancia, porén, débese en maior medida á arquitectura civil. Realizou o palacio de Monterrey de Salamanca, con soberbia fachada plateresca na que se intensifica o ornamento escultórico nos corpos superiores rematados en crestería. En 1556 procectou o edificio do Colexio Trilingüe de Salamanca (hoxe desaparecido), con traza moito máis renacentista.[4] Tamén realizou o palacio de los Guzmanes, en León (1559-1566), similar, aínda que un tanto máis sobrio, ao palacio de Monterrey. A súa obra máis coñecida é a fachada do Colexio Maior de San Ildefonso (1551-1553), actual reitorado da Universidade de Alcalá de Henares, estruturada en tres zonas horizontais: a superior, que conta cunha galería corrida articulada por columnas rematadas en pináculos, e as dúas inferiores, máis espidas, onde se abren nichos platerescos de gran plasticidade.

Entre as súas obras destacan numerosas igrexas en diversos lugares, como a Igrexa de Santiago Apóstol en Medina de Rioseco —nun postreiro estilo tardogótico—, a Igrexa de Santiago de Cáceres, a capela do Deán, no antigo convento de San Francisco en Zamora, obra iniciada polo seu pai e que el concluíu; a Igrexa de San Julián en Toro, a Igrexa de San Sebastián en Villacastín; a reconstrución da Igrexa de San Eutropio en El Espinar, e obras na Catedral Nueva de Plasencia, na capela maior da Catedral de Ciudad Rodrigo. Tamén construíu a torre da Basílica da Asunción de Nuestra Señora de Colmenar Viejo.

En Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia cómpre destacar a súa achega no claustro da Catedral de Santiago de Compostela, que rematou, e así mesmo, nesta cidade, construíu o claustro do Colexio de Santiago Alfeo, ou de Fonseca. Tamén deseñou os dous primeiros claustros do Hospital Real de Santiago. Fóra de Santiago realizou diversas obras de reforma e ampliación na Catedral de Ourense.

Morte e legado[editar | editar a fonte]

Hontañón faleceu en Segovia en 1577. As teorías deste prolífico arquitecto recolléronse no texto Compendio de architectura y Simetría de los templos do salmantino Simón García, Mestre Maior entre 1667 e 1703 da Catedral Vieja de Salamanca (atribúense a Gil de Hontañón os primeiros seis capítulos).

A súa obra saltou ao outro lado do Atlántico, alcanzando a súa influencia á Nova España (México) mediante Claudio de Arciniega, posta de manifiesto en edificios de Acolman, Yuriria e Metztitlán.[5]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Personajes de Rasines Cantabria 102 Municipios (eldiariomontanes.es).
  2. Catedral Santa María (Astorga), Portal Fuenterrebollo. El arquitecto cántabro Rodrigo Gil de Hontañón (1500-1577) imprimió las influencias renacentistas en las dos capillas,...
  3. Non na actual catedral herreriana, senón na plateresca anterior a esta, que só chegou a iniciarse.
  4. Nieves Rupérez Almajano (2002) en Luis Enrique Rodríguez San Pedro Bezares e Juan Luis Polo Rodríguez, eds. La Universidad de Salamanca y sus confluencias americanas. Salamanca: Universidad de Salamanca. ISBN 978-84-7481-994-6. (Recolle os contidos presentados nos Coloquios Alfonso IX, setembro de 2002. Salamanca).
  5. Juan B. Artigas (1985): Cuadernos de arquitectura virreinal, Volume 2. México, DF: UNAM, Facultad de Arquitectura, páxina 65.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]