Roberto Mera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roberto Mera
Roberto Mera Covas.jpg
Nacementosetembro de 1971
Lugar de nacementoPonteareas
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico e avogado
Na rede
Dialnet: 4148386
editar datos en Wikidata ]

Roberto Mera Covas, nado en Ponteareas en setembro de 1971, é un avogado, político e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito e en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce como avogado e politicólogo en Ponteareas e é concelleiro (BNG) do goberno municipal desta localidade.

En 1990 iniciou a súa traxectoria social e política como cofundador do Grupo Ecoloxista Adenco (Asociación para a Defensa da Natureza do Condado) do que foi máximo responsábel até 1995. En 1991 formou parte da candidatura do BNG, encabezándoa en 1995, ano no que logra tres concelleiros, sendo designado portavoz do BNG. Nese mesmo ano querelouse contra o alcalde José Castro Álvarez (PP) e sete membros do seu goberno, que resultaron inhabilitados en 2001.[1] Nas eleccións municipais de 1999 e 2003 repetiu como cabeza de lista do BNG. No 2003, após obter o BNG cinco concelleiros, asumiu a responsabilidade de primeiro tenente de alcalde, logo de apoiar para a alcaldía a Francisco de Asís Candeira Mosquera, o candidato do PSOE e forza menos votada (dous concelleiros), quen acadou tamén o apoio do PP, pero foi desbancado cunha moción de censura en 2004. Nas eleccións municipais de 2007 foi o candidato á alcaldía máis votado, obtendo seis edís, pero un pacto in extremis entre o PP de Salvador González Solla e a UCPA de Nava Castro impediulle ser o alcalde de Ponteareas.[2]

En paralelo coa política local, entre 1995 e 2009 ocupou diversas responsabilidades no BNG: responsábel comarcal no Condado, membro do Consello Nacional e da Executiva Nacional como Secretario de Política Municipal.

En 2009 abandonou a política activa[3] aínda que continuou figurando nas candidaturas do BNG nas eleccións municipais de 2011 e 2015, neste ano como independente. O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas (BNG), incorporouno ao terceiro posto da candidatura das eleccións municipais de 2019.[4] Tras eses comicios, nos que o BNG revalidou a alcaldía con nove concelleiros,[5] asumiu a terceira tenencia de alcaldía e as concellarías de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá; Tráfico e Mobilidade; e Medio Rural.[6] En maio de 2021, tras o falecemento do alcalde Xosé Represas e a toma de posesión da alcaldesa Cristina Fernández Davila, asumiu a primeira tenencia de alcaldía.

Realizou a investigación biográfica do seu tío-bisavó, o político e industrial Alejandro Viana Esperón, de quen publicou varios traballos [7] e o libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos.[8] Coautor do estudo Os nomes de Arcos. Inventario e estudo da toponimia e microtoponimia de San Breixo de Arcos (Ponteareas)[9] (2019) e do Estudo sociolingüístico sobre a situación da lingua galega na parroquia de Arcos (Ponteareas)[10] (2020).

Dende hai décadas participa no movemento social da parroquia de Arcos (Ponteareas) con responsabilidades directivas na súa comunidade de montes veciñal en man común e na casa cultural. É directivo da asociación cultural ponteareán Ronco&Fol formando parte do seu grupo de música tradicional.[11]

Obras[editar | editar a fonte]

  • "Alejandro Viana Esperón, un achegamento á súa biografía", Pregón, 12, 2002.
  • "Alejandro Viana Esperón, un galego á fronte da evacuación dos republicanos en Francia (1939-1941)", Grial, Extra 212, 2016. ISSN 0017-4181
  • Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos (2021). Vigo: Edicións Belagua. ISBN 9788412143386

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "José Castro, condenado a diez años de inhabilitación". Consultado o 2001. 
  2. "Los populares y los independientes de Nava Castro pactan alternarse en la alcaldía de Ponteareas". Consultado o 2019. 
  3. El nacionalista Roberto Mera abandona la política activa
  4. "Represas recupera a Roberto Mera para un puesto "de salida" en la lista del BNG de Ponteareas". Consultado o 7 abril 2019. 
  5. Palleiro, Veronica. "Xosé Represas repetirá en el gobierno si renueva su pacto con los socialistas". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-10-11. 
  6. Palleiro, Verónica. "Represas asumirá Facenda, Seguridade, Medio Urbán y compartirá Urbanismo". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-10-11. 
  7. Mera Covas, Roberto (2016). "Alejandro Viana Esperón, un galego á fronte da evacuación dos republicanos en Francia (1939-1941)". Grial: revista galega de cultura (Vol. 54, Nº. Extra 212). 
  8. "ALEJANDRO VIANA ESPERÓN". 
  9. "La parroquia de Arcos recupera 180 microtopónimos". 
  10. "A parroquia de Arcos autodefínese galegofalante". 
  11. Ronco & Fol. Festa do Tinto Rías Baixas. As Neves. 
  12. Nicolás, Ramón (2022-04-23). "37º edición dos Premios Antón Losada Diéguez". Caderno da crítica. Consultado o 2022-04-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]