Francisco Candeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Candeira
Nacemento26 de febreiro de 1956
 Ponteareas
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Francisco de Asís Candeira Mosquera "Pancho", nado en Ponteareas o 26 de febreiro de 1956, é un historiador e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Residiu en Vigo onde cursou estudos non universitarios, con frecuentes estancias en Ponteareas. Na Universidade de Santiago de Compostela cursou estudos de Xeografía e Historia entre 1973 e 1978, especializándose en Historia Contemporánea (1978).

Na súa etapa universitaria foi militante do Partido Socialista Galego e participou activamente na campaña das primeiras eleccións democráticas de 1977 en España, onde coñeceu persoalmente o poeta Celso Emilio Ferreiro.[Cómpre referencia]

Desde 1979 exerce como profesor titular de Xeografía, Historia e Lingua Galega e Literatura nun Instituto de Vigo. A partir de 1983 pasou a residir permanentemente en Ponteareas.

Foi cofundador, en 1984, da revista A Peneira na que colaborou tamén con distintos artigos. Ten publicado ademais artigos nas revista Soberosum e Pregón de Ponteareas.

Política[editar | editar a fonte]

Desde o ano 2001 ata o mes de xullo de 2011 foi o Secretario Xeral da Agrupación de Ponteareas do PSdeG-PSOE. Ten participado en calidade de delegado en catro congresos nacionais galegos e en dúas conferencias políticas do PSdeG, así como no 37 Congreso Federal do PSOE de xullo do 2008.

Concelleiro en Ponteareas polo PSdeG-PSOE entre 1983 e 1987 e entre 1999 e 2011. Candidato á alcaldía de Ponteareas en 2003, 2007 e 2011. En xuño de 2003 foi nomeado alcalde de Ponteareas cargo que exerceu ata maio de 2004 sendo o responsable da retirada da Praza Maior da vila o busto do xeneral Franco e da eliminación dos nomes franquistas das rúas de Ponteareas.[Cómpre referencia]


Predecesor:
Nava Castro
 Coat of Arms of Ponteareas.svg
Alcalde de Ponteareas
 
2003 - 2004
Sucesor:
Salvador González Solla

Obras[editar | editar a fonte]

  • Caciquismo e poder local na Galicia da restauración (Distrito de Ponteareas, 1881-1894), 1990.
  • O Condado na IIª República (1931-1939), 1999.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]