Saltar ao contido

José Castro Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Castro Álvarez
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1932 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Ponteareas Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
20 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993

Circunscrición electoral: Pontevedra

1º Presidente Federación Galega de Municipios e Provincias
1989 – 1992
Alcalde de Ponteareas
1968 – 2000 (inhabilitación para cargos públicos)
 Juan Antonio Candeira BlancoNava Castro  Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosNava Castro Editar o valor en Wikidata

BUSC: castro-alvarez-jose-1932

José Castro Álvarez, nado en Ponteareas o 28 de setembro de 1932, é un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pertenceu ao Frente de Juventudes, foi militante de Falange Española Tradicionalista y de las JONS e delegado de Sindicatos en Ponteareas. Durante o franquismo foi nomeado alcalde de Ponteareas en novembro de 1968.[1] Coa chegada da democracia formou o partido Unión del Condado, co cal logrou a maioría absoluta nas primeiras eleccións democráticas e mantivo a alcaldía. Posteriormente entrou en Alianza Popular (logo Partido Popular), formación coa que revalidaría a alcaldía con maioría absoluta nas sucesivas eleccións e ademais foi deputado no Congreso dos Deputados (1989-1993), senador (1993-1996) e primeiro presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (1989-1992).

En 1997 foi inhabilitado por falsidade en documento público.[2] Tras recorrer a sentenza, en 1998 abandonou o PPdeG (tras considerarse desamparado pola formación) e fundou a Unión Condado-Paradanta (UCPA) co que concorreu ás eleccións municipais de 1999 presentándose el como candidato e indo de número tres da candidatura a súa filla Nava Castro. Conseguiu revalidala alcaldía, se ben non logrou maioría absoluta, e mantívose no poder ata que no verán do 2000 a sentenza de inhabilitación foi firme e tivo que dimitir como alcalde, sendo substituído pola súa filla. Continuou como concelleiro, encargándose da área de Urbanismo. Repetiu como edil pola UCPA, agora encabezada pola súa filla, nas municipais de 2003, se ben un acordo entre os demais grupos lle arrebatou a alcaldía á súa filla. Dimitiu como concelleiro en xaneiro de 2004, tras unha nova sentencia de inhabilitación[3].

Predecesor:
Juan Antonio Candeira Blanco
 
Alcalde de Ponteareas
 
1968 - 2000
Sucesor:
Nava Castro
Predecesor:
novo cargo
 Presidente da Fegamp 
1989 - 1992
Sucesor:
José Luis Torres Colomer

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]