Saltar ao contido

Salvador González Solla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSalvador González Solla

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1961 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Ponteareas Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Ponteareas
2004 – 2015
 Francisco CandeiraXosé Represas  Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

BUSC: 981013406626307712

Salvador González Solla, nado en Ponteareas o 1 de xullo de 1961, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É enxeñeiro agrónomo. Foi xerente da Fundación para o Desenvolvemento Comarcal da Paradanta. Foi candidato do PPdeG ao concello de Ponteareas nas municipais de 1999 e 2003. Foi deputado do PPdeG no Parlamento de Galicia (2003-2004). Logo dunha moción de censura, o 13 de maio de 2004 foi elixido alcalde de Ponteareas co apoio de UCPA. Volveu ser elixido alcalde en 2007 (goberno de coalición do PPdeG e UCPA). En setembro de 2009 tomou posesión como deputado provincial permanecendo como tal ata 2011. En 2011 volveu ser elixido alcalde como candidato da lista máis votada[1]. En 2015 perdeu a alcaldía logo de que os grupos de esquerda sumasen maioría e elixisen ao nacionalista Xosé Represas Giráldez como novo rexedor, tralo cal pasou a traballar na Oficina de Emprego de Ponteareas como funcionario público.[2][3] Nas Eleccións Xerais de abril de 2019 en España presentouse ao Senado pola provincia de Pontevedra, se ben non resultou elixido. Non repetiu candidatura nas Eleccións de novembro dese mesmo ano.

Predecesor:
Francisco Candeira Mosquera
 
Alcalde de Ponteareas
 
2004 - 2015
Sucesor:
Xosé Represas Giráldez

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]