Roberto González-Monjas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Roberto González Monjas 23 de febreiro de 1988 (36 anos) Valladolid, España |
Concertino | |
Datos persoais | |
Educación | Mozarteum University Salzburg (en) Guildhall School of Music and Drama (en) |
Actividade | |
Ocupación | classical violinist (en) , director de orquestra |
Período de actividade | 2008 - |
Xénero artístico | Música clásica |
Instrumento | Violín |
Sitio web | robertogonzalezmonjas.com… |
Roberto González-Monjas, nado en Valladolid en 1988, é un músico español. Violinista e director de orquestra, en 2022 deuse a coñecer que sería director da Orquestra Sinfónica de Galicia a partir do ano 2023.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Roberto González-Monjas formouse na Universidade Mozarteum de Salzburgo con Igor Ozim e máis na Escola de Música e Teatro de Guildhall (Londres) canda a David Takeno.[1]
Entre 2005 e 2007 foi concertino na Orquestra Xove Sinfónica de Galicia, tarefa que logo continuou na Orquestra dell’Accademia Nazionale di Santa Cecilia (Roma), na Winterthur Musikkollegium, na de música barroca Les Musiciens du Louvre de Grenoble, ou na Bayerische Kammerphilharmonie, entre outras.[2]
Ademais, dirixiu a Mahler Chamber Orchestra, a Orquestra do Mozarteum de Salzburgo e a Filharmónica de Luxemburgo, ten acordos para facelo en próximas temporadas coa Orquestra da Radio Sueca, a Sinfónica de Baltimore, as Filharmónicas de Hong Kong e Oslo.[3] En 2020 foi nomeado director principal da Orquestra do Musikkollegium, e, en 2021, primeiro director convidado da Orquestra Nacional de Bélxica, confirmándose como un dos novos directores con maior sona de España.[4][5] En 2022, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, anunciou que González-Monjas dirixirá a Orquestra Sinfónica de Galicia en tres tempadas entre 2023 e 2026.[6] Na decisión destacou pola "visión musical, carisma, así como a súa crecente proxección internacional".[7]
Como docente foi o profesor máis novo en incorporarse á Escola de Música e Teatro de Guildhall en 2013, e fundou Iberacademy (Academia Filharmónica Iberoamericana), un proxecto de educación musical en Colombia.[2][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Roberto González-Monjas - Tartini Festival". www.tartinifestival.org. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2022. Consultado o 2022-12-26.
- ↑ 2,0 2,1 "Roberto González-Monjas en medici.tv". medici.tv (en inglés). Consultado o 2022-12-26.
- ↑ "Roberto González-Monjas". IMG Artists (en inglés). 2018-03-05. Consultado o 2022-12-26.
- ↑ "Importante nombramiento para Roberto González-Monjas". www.codalario.com (en castelán). Consultado o 2022-12-26.
- ↑ "Belgian National Orchestra : deux chefs invités". Crescendo Magazine (en francés). Consultado o 2022-12-26.
- ↑ "Roberto González-Monjas nuevo director titular de la Orquesta Sinfónica de Galicia". Mundoclasico.com (en castelán). Consultado o 2022-12-26.
- ↑ "Roberto González-Monjas, nuevo director titular de la Sinfónica de Galicia". www.codalario.com (en castelán). Consultado o 2022-12-26.
- ↑ "fundadores". ibercademy. Consultado o 27-12-2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]