Saltar ao contido

Roberta Metsola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoberta Metsola

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(mt) Roberta Metsola Tedesco Triccas Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(mt) Roberta Tedesco Triccas Editar o valor en Wikidata
18 de xaneiro de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
St. Julian's, Malta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Eurodeputada
Representa: Partido Nacionalista (pt) Traducir

16 de xullo de 2024 –

Circunscrición electoral: Malta (en) Traducir

Presidenta do Parlamento Europeo
2024 – 2027
Presidenta do Parlamento Europeo
18 de xaneiro de 2022 – 2024
← David Sassoli
Presidenta do Parlamento Europeo
O suxeito ten un papel: ad interim
11 de xaneiro de 2022 – 18 de xaneiro de 2022
← David Sassoli
Vice-presidente do Parlamento Europeu (pt) Traducir
12 de novembro de 2020 – 11 de xaneiro de 2022
← Mairead McGuinness (pt) Traducir
Eurodeputada
Representa: Partido Nacionalista (pt) Traducir

2 de xullo de 2019 –

Circunscrición electoral: Malta (en) Traducir

Eurodeputada
Representa: Partido Nacionalista (pt) Traducir

1 de xullo de 2014 –

Circunscrición electoral: Malta (en) Traducir

Eurodeputada
Representa: Partido Nacionalista (pt) Traducir

25 de abril de 2013 – 30 de xuño de 2014

Circunscrición electoral: Malta (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Malta
St Aloysius' College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, xurista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Nacionalista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
16 de xaneiro de 2023Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2023 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeUkko Metsola (2005–) Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webrobertametsola.eu Editar o valor en Wikidata
Facebook: roberta.metsola Twitter: RobertaMetsola Instagram: roberta.metsola Editar o valor en Wikidata

Roberta Metsola Tedesco Triccas, nada en San Ġiljan (Malta) o 18 de xaneiro de 1979, é unha avogada e política maltesa, presidenta do Parlamento Europeo dende o 18 de xaneiro de 2022.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduada en Dereito pola Universidade de Malta en 2003 continou coa súa formación no Colexio de Europa de Bruxas. É militante do Partido Nacionalista, dende a súa mocidade ocupou cargos relevantes: foi líder da sección de estudantes da formación política e, entre 2002 e 2003, secretaria xeral da organización Estudantes Demócratas Europeos (EDS), vencellada ao Partido Popular Europeo.[1]

En 2004, tras a adhesión maltesa á Unión Europea, integrou as listas do Partido Nacionalista ao Parlamento Europeo aínda que non resultou electa. Entre 2004 e 2012 traballou na Representación Permanente de Malta ante a Unión Europea. En 2012, pasou a ser asesora xurídica da Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, Catherine Ashton, cargo ao que renunciou en 2013 para asumir como eurodeputada.[2]

Mantívose como membro do Parlamento Europeo logo das eleccións de 2014 e 2019, sendo escollida vicepresidenta primeira da cámara o 12 de novembro de 2020. En decembro de 2021, o grupo do Partido Popular Europeo propuxo o seu nome para a elección dun novo presidente do Parlamento, prevista para xaneiro de 2022.[3] Roberta Metsola chegou á votación, o 18 de xaneiro, exercendo provisionalmente a presidencia polo pasamento días antes de David Sassoli. Impúxose con 458 votos fronte os 101 da sueca Alice Bah Kuhnke, proposta polos Verdes, e os 51 da española Sira Rego, proposta pola Esquerda Europea.[4] A suma dos deputados do PPE, Social Demócratas e liberais, fixo de Roberta Metsola a terceira muller en presidir o Parlamento Europeo e a persoa máis nova en exercer esta autoridade.

Foi louvada polo seu perfil dialogante e posicionouse a favor dos dereitos dos migrantes e do colectivo LGTBI, aínda que foi criticada pola súa postura contraria ao aborto.[5][6]

Xa como presidenta do Parlamento, na reunión do Consello Europeo do 24 de febreiro de 2022, logo dos ataques rusos a Ucraína, Metsola propuxo a adopción de sancións severas á Federación Rusa e a prestación de asistencia financeira a Ucraína.[7]

Está casada co finés Ukko Metsola con quen é nai de catro fillos.[8]


Predecesor:
David Sassoli
 
Presidenta do Parlamento Europeo
 
2022 - actualidade
Sucesor:
no cargo
  1. "Roberta METSOLA - MEP EPP Group in the European Parliament". www.eppgroup.eu. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-01-29. 
  2. "Currículum vítae Roberta METSOLA Eurodiputados Parlamento Europeo". www.europarl.europa.eu (en castelán). Consultado o 2022-01-29. 
  3. Gotev, Georgi (2021-12-06). "The Brief - The dance of the elephants". www.euractiv.com (en inglés). Consultado o 2022-01-29. 
  4. "Roberta Metsola, a quen a esquerda acusa de "antifeminista", nova presidenta do Parlamento europeo". Nós Diario. Consultado o 2022-01-29. 
  5. "La maltesa Roberta Metsola es la nueva presidenta del Parlamento Europeo". France 24. 2022-01-18. Consultado o 2022-01-29. 
  6. "¿Quién es Roberta Metsola, la nueva presidenta del Parlamento Europeo?". DW.COM (en castelán). Consultado o 2022-01-29. 
  7. "Aggression is confrontation with Europe: speech of President Metsola on Ukraine". European Parliament (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-24. 
  8. "Europe’s newest power couple: the Metsolas". MaltaToday.com.mt (en inglés). Consultado o 2022-01-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas:

[editar | editar a fonte]