Catherine Ashton
Catherine Ashton | |
---|---|
![]() | |
Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e Vicepresidenta da Comisión Europea | |
Período | 1 de decembro de 2009 - actualidade |
Datos persoais | |
Nacemento | 20 de marzo de 1956 |
Up Holland | |
Organización | Partido Laborista |
Pai | Harold Ashton |
Nai | Clare Margaret Ashton |
Cónxuxe | Peter Kellner |
Alma máter | Bedford College |
Profesión | Economista, política |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Catherine Margaret Ashton, baronesa Ashton de Upholland, nada o 20 de marzo de 1956, é unha economista e política laborista británica, Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e vicepresidenta da Comisión Europea.
Biografía[editar | editar a fonte]
Catherine Margaret Ashton estudou a carreira na Universidade de Londres. Ten dous fillos e tres fillastros.
Traxectoría política[editar | editar a fonte]
Ashton foi designada Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e Vicepresidenta da Comisión Europea o 19 de novembro de 2009 segundo o estipulado no Tratado de Lisboa.
Con anterioridade a esa data desempeñou o cargo de Comisaria Europea de Comercio e previamente traballara como Presidenta da Cámara dos Lores e como Lord President do Consello no primeiro gabinete de Gordon Brown en xuño do 2007. Tamén dirixiu o proceso do Tratado de Lisboa ata a súa ratificación pola Cámara dos Lores.
Entre 1977 e 1979 Ashton traballou na Campaña para o Desarmamento Nuclear e máis tarde foi elixida como a súa tesoureira nacional. Dende 1983 ata 1989 foi directora do Business in the Community traballando en temas de desigualdade.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catherine Ashton |
![]() |
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |