Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade
| Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade (AR ou ARAEPS), coñecido tamén polos medios como o Alto Representante, Mr. PESC ou ministro de Asuntos Exteriores da Unión (segundo a terminoloxía da frustrada Constitución Europea) é o alto funcionario europeo encargado de dirixir e executar toda a política exterior da Unión Europea. A creación deste cargo constitúe unha das principais innovacións institucionais do Tratado de Lisboa, que busca dar lugar a unha maior coherencia, influencia e visibilidade á Unión Europea no escenario internacional e máis peso nas súas relacións con outros países e organismos institucionais.
O Alto Representante é o xefe da diplomacia comunitaria, coordina a acción exterior da Unión no seo da Comisión Europea como un dos seus vicepresidentes e é o encargado das relacións internacionais. Como mandatario do Consello, dirixe e executa a política exterior e de seguridade común da Unión (incluíndo a política común de seguridade e defensa), é xefe e dirixe o Servizo Europeo de Acción Exterior, en proceso de construción.
O Alto Representante, xunto co Consello, velará pola unidade, coherencia e eficacia da Unión Europea. É asistido polos servizos da Comisión e do Consello, onde preside a formación de asuntos exteriores.
Lista de Altos Representantes
[editar | editar a fonte]Lenda: [ ] (Partido Socialista Europeo) - [ ] Independente - [ ] Partido Popular Europeo
| Alto Representante | Inicio de mandato | Fin de mandato | Nacionalidade, posto anterior e profesión |
Partido político (Europeo-Nacional) |
Foto | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1º | Jürgen Trumpf | 1 de maio de 1999 | 18 de outubro de 1999 | Secretaría Xeral do Consello da Unión Europea Filólogo |
Independente | |
| 2º | Javier Solana | 18 de outubro de 1999 | 1 de decembro de 2009 | Secretario Xeral da Organización do Tratado do Atlántico Norte Catedrático de Física do Estado Sólido |
Partido Socialista Europeo Nacional: Partido Socialista Obrero Español |
|
| 3ª | Catherine Ashton | 1 de decembro de 2009 | 31 de outubro de 2014 | Comisaria de Comercio Socióloga |
Partido Socialista Europeo Nacional: Partido Laborista |
|
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do futuro Servizo Exterior
- Web da AR no Consello Arquivado 01 de novembro de 2014 en Wayback Machine.
- Web da AR na Comisión