Ripifóridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ripifóridos
Rango fósil: Albiano-Recente

Macho de Ripiphorus diadasiae.
Nótense os seus élitros caracteristicamente pequenos e as antenas flabeladas.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Superfamilia: Tenebrionoidea
Familia: Ripiphoridae
Laporte, 1840 proposed[1][2]
Subfamilias
Un ripifórido triungulino sobre unha á de avespa bracónida

Os ripifóridos ou Ripiphoridae (antes escrito Rhipiphoridae) son unha familia cosmopolita de que comprende unhas 450 especies descritas de escaravellos. Os ripifóridos son peculiares entre os escaravellos porque moitas especies son parasitoides hipermetamórficos, un atributo que comparten cos meloidos. Os membros da familia difiren na súa elección de hóspede, pero a maioría ataca diversas especies de abellas ou avespas, mentres que outros atacan a cascudas ou a outros escaravellos. Moitas especies de Ripiphoridae teñen élitros curtos e antenas flabeladas (con forma de abano) ou pectinadas (con forma de peite).

Bioloxía[editar | editar a fonte]

A subfamilia Ripiphorinae parasita abellas e avespas (Hymenoptera), mentres que a Ripidiinae parasita cascudas (Blattodea) e a Pelecotominae parasita larvas de escaravellos que perforan a madeira (Coleoptera).[3]

As especies que atacan as abellas tipicamente poñen ovos en flores. Alí eclosionan os ovos case inmediatamente orixinando pequenas larvas tipo planidio e descansan ali agardando a que veña un hóspede visitante. O planidio móntase sobre unha abella visitante e viaxa sobre ela ata a colmea. Alí baixa da abella e busca unha cela ocupada por unha larva do hóspede. O planidio entra despois no corpo do hóspede. Cambia de pel e de forma, despois permanece máis ou menos dormente ata que a larva hóspede pupa. Despois emerxe da pupa da abella e empeza a alimentarse. Come a pupa enteira, despois é ela a que pupa e completa a súa metamorfose antes de saír da colmea para aparearse e poñer ovos.[4][5]

En especies que parasitan cascudas, os machos son alados, mentres que as femias carecen delas e son larviformes. Ambos os sexos no adulto non poden alimentarse debido a que teñen unhas pezas bucais reducidas. As femias adultas atraen os machos usando feromonas para atraer parellas, despois aparéanse e poñen os ovos no mesmo lugar. Os ovos eclosionan formando larvas que atacan as ninfas de cascudas. Na madureza, a larva de ripifórido sae dos últimos segmentos abdominais dos seus hóspedes e pupa preto dalí.[6]

En especies que atacan a escaravellos perforadores da madeira, os adultos aparecen en árbores mortas ou nas partes mortas de árbores vivas. Aparéanse e despois as femias poñen ovos na madeira utilizando un ovopositor longo, ríxido e con forma de agulla. As larvas eclosionan e buscan activamente unha larva de escaravello que lle sirva de hóspede, e poden sobrevivir polo menos durante 10 días se non encontran hóspede. Cando encontra un hóspede, a larva de ripifórido perfórao coa axuda dunha substancia narcotizante que inxecta. Aliméntase dentro do hóspede, despois sae do hóspede e continúa alimentándose como un ectoparasitoide. Cando completa o seu desenvolvemento, a larva actúa ela mesma como perforadora da madeira, creando unha galería de emerxencia e pupando no extremo apical desta galería.[7]

Evolución[editar | editar a fonte]

Describíronse especies fósiles dos xéneros Paleoripiphorus, Macrosiagon, Cretaceoripidius, Flabellotoma, Burmitoma, Plesiotoma e Amberocula do Cretáceo medio e inferior atopados en ámbar de xacementos de Francia, Alemaña e Myanmar.[6][8][9][10]

Xéneros[editar | editar a fonte]

Fontes de datos: i = ITIS,[11] c = Catalogue of Life,[12] g = GBIF,[13] b = Bugguide.net[3]

Xéneros extinguidos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bousquet, Yves; Bouchard, Patrice (2018). "Case 3746 — Ripiphoridae Laporte, 1840 and Ripiphorus Bosc, 1791 (Insecta, Coleoptera): Proposed conservation of usage by designating Ripiphorus subdipterus Fabricius, 1792 as the type species of Ripiphorus and proposed ruling that Laporte (1840) used the type genus Ripiphorus in the sense defined B". The Bulletin of Zoological Nomenclature 75: 36. doi:10.21805/bzn.v75.a010. 
  2. Non resolta[Ligazón morta]
  3. 3,0 3,1 "Ripiphoridae Family Information". BugGuide.net. Consultado o 2018-04-22. 
  4. Falin, Z.H. (2002). "102. Ripiphoridae. Gemminger and Harold 1870 (1853)". En Arnett, R.H. Jr.; Thomas, M.C.; Skelley, P.E.; Frank, J.H. American beetles. Volume 2. Polyphaga: Scarabaeoidea through Curculionoidea. Boca Raton, Florida: CRC Press LLC. pp. 431–444. ISBN 978-0-8493-0954-0. doi:10.1201/9781420041231.ch6. 
  5. Lawrence, J.F.; Falin, Z.H.; Ślipiński, A. (2010). "Ripiphoridae Gemminger and Harold, 1870 (Gerstaecker, 1855)". En Leschen, R.A.B.; Beutel, R.G.; Lawrence, J.F. Coleoptera, beetles. Volume 2: Morphology and systematics (Elateroidea, Bostrichiformia, Cucujiformia partim). New York: Walter de Gruyter. pp. 538–548. ISBN 978-3110190755. doi:10.1515/9783110911213.538. 
  6. 6,0 6,1 Batelka, Jan; Engel, Michael S.; Prokop, Jakub (2021). "The complete life cycle of a Cretaceous beetle parasitoid". Current Biology (en inglés) 31 (3): R118–R119. PMID 33561406. doi:10.1016/j.cub.2020.12.007. 
  7. Švácha, P. (1994). "Bionomics, behaviour and immature stages of Pelecotoma fennica (Paykull) (Coleoptera: Rhipiphoridae)". Journal of Natural History (en inglés) 28 (3): 585–618. ISSN 0022-2933. doi:10.1080/00222939400770271. 
  8. Perrichot V.; Nel A.; Neraudeau D. (2004). "Two new wedge-shaped beetles in Albo-Cenomanian ambers of France (Coleoptera: Ripiphoridae: Ripiphorinae)." (PDF). European Journal of Entomology 101 (4): 577–581. doi:10.14411/eje.2004.081. 
  9. Batelka, J; François-Marie Collomb; André Nel (2006). "Macrosiagon deuvei n. sp. (Coleoptera: Ripiphoridae) from the French Eocene amber" (PDF). Ann. Soc. Entomol. Fr. 42 (1): 75–78. doi:10.1080/00379271.2006.10697451. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de xaneiro de 2023. 
  10. Batelka, J; MS Engel; J Prokop (2018). "A remarkable diversity of parasitoid beetles (Ripiphoridae) in Cretaceous amber, with a summary of the Mesozoic record of Tenebrionoidea". Cretaceous Research 90 (1): 296–310. doi:10.1016/j.cretres.2018.04.019. 
  11. "Ripiphoridae Report". Integrated Taxonomic Information System. Consultado o 2018-04-22. 
  12. "Browse Ripiphoridae". Catalogue of Life. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2019. Consultado o 2018-04-22. 
  13. "Ripiphoridae". GBIF. Consultado o 2018-04-22. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]